A iniciativa WiFi4EU, que promove o acceso libre aos cidadáns á conectividade Wi-Fi en espazos públicos como parques, prazas, edificios oficiais, bibliotecas, centros de saúde e museos de concellos de toda Europa, achegará 15.000 euros en bonos a 2.800 concellos, recibindo máis de 13 mil solicitudes para gozar de tal axuda para instalar equipos Wi-Fi nos espazos públicos de concellos que aínda non gocen deste tipo de puntos de acceso.
Finalmente fixeron pública a listaxe de concellos gañadores da primeira partida de bonos (a primeiros de 2019 realizarán outra convocatoria) entre os que figuran máis de dous centos concellos españois, entre os que temos que destacar os casos de Oleiros, Rianxo e Cerdido (na provincia da Coruña), Salceda de Caselas (na provincia de Pontevedra) e Toén (na provincia de Ourense).
Esta partida de axudas supón o compromiso dos concellos de facer fronte aos custo de mantemento e conexión, así como a manter a rede sen fíos funcionando un mínimo de 3 anos. As redes sen fíos deberán facer uso da oferta residencial de acceso á Internet de maior velocidade na zona (que como mínimo teña unha velocidade de 30 Mbps) e cada punto de acceso deberá ser capaz de soportar o seu uso por un mínimo de 50 usuarios simultáneos.
A Comisión Europea financiará puntos de acceso Wi-Fi públicos en Oleiros, Rianxo, Cerdido, Salceda de Caselas e Toén
Compartir Este Artigo
