Instagram comezou a espallar hoxe unha nova funcionalidade globalmente, presente na meirande parte de aplicacións de mensaxería instantánea: o envío de mensaxes de voz. A nova prestación, integrada nas mensaxes privadas de Instagram, vai na liña do Messenger de Facebook e WhatsApp, de xeito que chega con premer na icona do micrófono nunha conversa privada para gravar un corte de voz que se enviará ao noso interlocutor.
As gravacións de voz intercambiadas a través de Instagram poden ter unha duración de ata 1 minuto, e a súa lonxevidade non está limitada como no caso das historias, de xeito que temos un elemento puro da mensaxería instantánea que constata o interese por consolidar Instagram como unha rede social completa, e non só como unha plataforma para compartir imaxes e vídeos.
Instagram estrea mensaxes de voz
Compartir Este Artigo
