Durante os últimos anos a relación entre Netflix e Movistar era realmente mala, sendo a o único grande operador que non chegara a un acordo de peering coa compañía norteamericana para facilitar o bo acceso ao seus servizos de streaming (de aí que fose o que peor experiencia de uso ofrecía), pero finalmente soterraron a machada de guerra, e Movistar permitirá a contratación de Netflix dentro dos novos paquetes de Fusión, na liña do que fixeron outros operadores no pasado.
Deste xeito Movistar non só facilita unha boa velocidade de acceso cos servidores de vídeo de Netflix, senón que a partires de mañá integran Netflix na oferta de Fusión, concretamente nas modalidades Fusión Total Plus, Total e Selección, produtos que incluirán Netflix en calidade HD ou UHD, incluíndo tamén 1 GB máis por cada liña móbil existente e unha liña móbil adicional.
Para os que xa sexan clientes de Movistar será posible optar a unha promoción especial que facilitará o acceso a Netflix durante 3 meses sen custo adicional, promoción que tamén estará dispoñible para os novos clientes, que coa modalidade Fusión Total Plus X2 terían todo o fútbol, os deportes, as series, o cine e Netflix por 85 euros/mes durante 3 meses ou por 88 euros/mes no caso de contratar Fusión Total Plus X4.
Para poder gozar da oferta Fusión con Netflix é preciso contar cun descodificador UHD, que pode adquirirse promocionalmente por 20 euros. Isto é así xa que Netflix intégrase dentro da interface de Movistar+, achegando así unha mellor experiencia de uso e podendo chegar aos contidos de Netflix a través do propio buscador integrado.
Movistar integra Netflix na súa oferta de Fusión
Compartir Este Artigo
