
Segundo informa R, estas mesmas tecnoloxías chegaron tamén (previamente) a unha ducia de superficies empresariais coruñesas: os recintos empresariais de Arzúa, Betanzos, Coirós, Culleredo, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Melide, Narón, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón (A Picusa, A Picaraña e Cortizo), A Pobra do Caramiñal, Ponteceso, As Pontes de García Rodríguez (Penapurreira e Cruz das Cabezas), Rianxo, Sada, Santa Comba, Vimianzo, Noia, Cerceda, As Somozas e Muros. Todos eles están xa conectados a redes ultrarrápidas de Internet, de xeito que son 28 os polígonos coruñeses beneficiados polo Plan dende que comezaron as actuacións en 2016.
A operadora R tamén lembra que os polígonos acabados de de beneficiar poden contratar servizos de Internet a través de fibra óptica cunhas velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de suba, e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas.
R recordou tamén que, en virtude dos ditos equipamentos, pon a disposición das empresas dos polígonos “a tecnoloxía precisa para acometer a súa transformación dixital”. Ou sexa, servizos e solucións na nube como por exemplo a videoconferencia, o acceso á Internet das Cousas (IoT) ou os procedementos do que se coñece como Industria 4.0, vencellados a conceptos e metodoloxías como a eficiencia enerxética, o control de intrusións nas edificacións, os servidores virtuais e a analítica de datos (Big Data), entre outros eidos. “Todas estas cousas e outras moitas máis”, explicou a compañía de raizame galega, “son posibles grazas ás vantaxes das redes FTTH (Fiber To The Home) que levan a fibra óptica ata a propia empresa nestes polígonos xa conectados ás redes ultrarrápidas de R”.
Prazos e orzamento
O Plan xa completou o despregue en 81 polígonos da Comunidade. En conclusión, en 2018 un total de 130 polígonos (concentrando case o 93% da superficie empresarial ocupada) disporán de acceso a redes de máis de 100 Mpbs. Estes despregues supoñen un investimento total de 5,2 millóns de euros, dos que 3,4 son subvencionados pola AMTEGA e co-financiados ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 (PDR).
R leva redes ultrarrápidas aos parques empresariais de Boqueixón e Teixeiro
Compartir Este Artigo
