Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Coruña Dixital chega á súa terceira edición
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Coruña Dixital chega á súa terceira edición

Redacción
Publicado: 17/12/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20181217_sgr_rolda_sande_corunha_dixital_g88b3020.jpgO concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento da Coruña, José Manuel Sande, deu a coñecer esta mañá as novidades do programa Coruña Dixital, que comeza unha terceira edición de actividades co obxectivo de «activar novas comunidades e conectar o tecido de entidades e colectivos da cidade que traballar en torno a novas prácticas culturais, creativas e sociais que se producen pola influencia do desenvolvemento e difusión das novas tecnoloxías».
Esta rede contará nos primeiros meses «cun espazo propio con programación regular e outras actividades no Centro Ágora» que funcionará de referencia para continuar coa divulgación e o apoio á comunidade dixital local. «Alí compartirá sinerxías cunha iniciativa apoiada polo Goberno local como é a oficina de cooperación audiovisual, unha aposta do Concello coa Academia Galega do Audiovisual, proxectos arredor das novas tecnoloxías e a reflexión audiovisual que converxen no Centro Ágora», avanzou Sande, que incidiu tamén en que este espazo favorecerá a conexión entre as persoas interesadas na cultura dixital, no uso creativo da tecnoloxía e no emprendemento de proxectos innovadores.
Co inicio desta terceira edición de Coruña Dixital coincide tamén a activación da programación do Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación (LAIC) para este ano, que comeza mañá co encontro ​Que hai en Internet? no que participan o tuitero coruñés El Hematocrítico e o responsable de proxectos audiovisuais de Zemos98, Felipe G. Gil.
20181217_sgr_rolda_sande_corunha_dixital_g88b2986.jpgTal e como indicou o responsable municipal, que compareceu acompañado do coordinador da iniciativa, Sergio Lago, e do xerente da empresa adxudicataria, Diego Parajó, Coruña Dixital é unha proposta que permite vincular moitas das iniciativas que, nese eido, se desenvolven na cidade e que «cadraba moi ben con outras formulacións realizadas dende outras áreas do Goberno local como o Co-Lab e que permitía activar novas comunidades e conectar o tecido de entidades e colectivos da cidade con axentes, procesos e experiencias inspiradoras». Neste sentido, Lago indicou que a maneira de colaborar e participar, que ata o momento se realizaba a través de encontros e talleres, vai cambiar este ano, ao dispoñer dun espazo permanente de traballo, o que permite abordar cuestións nas que profundar durante varios meses e en diferentes grupos como son as novas narrativas dixitais na rede, o videomapping, gamificación e a aplicación da realidade aumentada en moitos aspectos culturais.
«Nos primeiros dous anos estivemos traballando en liñas como o movemento de software libre, no que mesmo se creou un novo grupo, CoruñaHacks, novas aplicacións de uso social ou no movemento maker, no que a asociación BricoLabs conseguiu un espazo permanente na Domus», lembrou. O relanzamento dos grupos de traballo e as novidades na programación daranse a coñecer a través da páxina web da iniciativa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?