O Consorcio Editorial Galego vén de abrir unha nova plataforma de comercio electrónico onde mostrar, promover e facilitar a venda de produtos culturais da nosa terra. Trátase de Voandolibre.gal, un espazo innovador e accesible “para produtos culturais galegos e relacionados con Galicia” e que responde á arela do Consorcio por difundir o de noso no mundo.
Segundo informan os responsables da web, púxose o máximo esforzo en conseguir que fose áxil, de doado acceso, interactiva e moderna, ademais de adaptable a todo tipo de dispositivos de acceso (deseño responsive). “A nosa filosofía”, explican dende o Consorcio a respecto do deseño, “busca a visibilidade óptima dos produtos galegos, con independencia do dispositivo de acceso, sexan tabletas, teléfonos intelixentes, libros electrónicos, portátiles, PC etc”.
En Voandolibre.gal atoparemos libros, DVD, música, papelaría, camisetas, chaquetas, mochilas, bolsas etc, todo tipo de artigos cos que “introducirnos no mundo dunha cultura milenaria no que ficaremos encantados para sempre”, sinalan.
A cultura galega estrea novo punto de venda: Voandolibre.gal
Compartir Este Artigo
