Para Google é xa unha tradición axudar a facer un seguimento do percorrido de Santa Claus ao longo de todo o globo durante a Noiteboa, e desta volta a localización de Santa está incluso dispoñible a través da aplicación de Mapas de Google, na que figura como que a icona de Nadal está a compartir a súa posición connosco, aínda que o xeito máis práctico de poder seguirlle a pista é a través do Santa Tracker, que presenta en tempo real a posición de Papá Noel no mapa.
Podemos así coñecer a posición de Santa a través do localizador web, da aplicación móbil para Android, de Google Maps e incluso preguntándolle ao Asistente de Google, sendo cada vez máis doado e natural que os nenos poidan saber o que falta para que Santa Claus chegue aos seus fogares cargado de agasallos.
O Santa Tracker está acompañado por unha Vila de Santa, na que temos unha chea de contidos e xogos cos que os pequenos poden pasar un bo momento, calmando a impaciencia propia desta noite máxica.
