Un dos pais da Internet, Lawrence G. Roberts, deixounos o pasado día 26, o que transcendeu a pasada fin de semana. Roberts é un dos pioneiros que figuran no Internet Hall of Fame, polo seu rol en ARPANET, rede que serviría de xermolo da Rede, e da que se encargou do deseño e administración.
A súa figura recibiu numerosos recoñecementos, entre os que cómpre destacar o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica 2002, xunto a Robert Kahn, Vinton Cerf e Tim Berners-Lee.
Pero Larry Roberts non só foi o máximo responsable de sistematización de fórmulas que permiten o enrutamento e a localización de servidores en redes de datos (unha das bases de ARPANET), senón que tamén foi o máximo executivo de Telenet, a primeira operadora de datos a través de conmutación de paquetes que, posteriormente, desenvolvería o protocolo X25 no que se basearía a rede europea EUNet.
Falece aos 81 anos un dos pais da Internet, Larry Roberts
Compartir Este Artigo
