A aplicación de Mensaxes de Android está a recibir unha nova funcionalidade que agradecerán moitos usuarios, que consiste nun sistema de protección contra o spam, ou sexa, contra as comunicacións comerciais non desexadas, evitando así recibir molestas mensaxes.
Esta funcionalidade está a activarse de xeito progresivo e precisa da súa autorización expresa, xa que este tipo de mecanismo de protección depende dos servidores de Google, a onde terá que ir información sobre as nosas mensaxes de texto para así poder saber cando estamos ante contido lixo que queremos evitar recibir.
Na axuda da aplicación dan conta desta nova funcionalidade, indicando que permite detectar posible spam e bloquear e denunciar aos spammers, contribuíndo así á erradicación desta lacra dun xeito semellante a como vén a facerse no correo electrónico dende hai anos. Advirten de que as mensaxes de spam formarán parte de informes aos que accederán dende Google e incluso dende operadores, de xeito que os usuarios que non queiran compartir tal información poden limitarse a bloquear o número de teléfono do remitente sen denunciar as súas comunicacións.
Mensaxes para Android recibe un sistema de protección contra o spam
Compartir Este Artigo
