Dende WABetaInfo están a dar conta das novidades que vai incorporar en breve WhatsApp, sendo a que estará presente de xeito xeral a posibilidade de remitir varios ficheiros de audio á vez (ata un máximo de 30) mentres que a outra funcionalidade, moito máis interesante, estará limitada a terminais compatibles. Trátase da posibilidade de poder activar a identificación mediante pegada dixital en móbiles con Android, de xeito que protexerase toda a aplicación para que non poida accederse ás nosas conversas cando o usuario non se identifique debidamente.
Estamos a falar de funcionalidades en probas, ou sexa, que non teñen data estimada para a súa aplicación, e aínda que a filtración da beta é da aplicación para Android, as melloras relativas á seguridade biométrica tamén estarán dipoñibles en iOS.
WhatsApp contará con identificación mediante pegada dixital
Compartir Este Artigo
