O Ministerio de Economía e Empresa publicou hai uns meses o itinerario para a liberación do segundo dividendo dixital, ou sexa, que xa ten unha planificación para que a banda dos 700 MHz, actualmente ocupada por emisións de TDT, quede libre antes do 20 de xuño de 2020 para facilitar a implantación das redes móbiles 5G. Esta operación supón un grande problema, xa que obrigaría a que antes de marzo de 2020 muden de frecuencia as canles de TDT que actualmente emiten na banda dos 700 MHz, o que suporía unha resintonización masiva, o que suporá importantes custos que non se sabía como se financiarían, pero finalmente os Orzamentos Xerais do Estado presentados hoxe no Congreso dos Deputados inclúen unha transferencia de capital por parte do Ministerio de Economía e Empresa por importe de 50 millóns de euros que destinaríanse a compensar ás comunidades de propietarios polos custos derivados da liberación da banda de emisións que actualmente ocupan as televisións.
Estamos ante unha cantidade moi inferior aos 280 millóns destinados á liberación do anterior dividendo dixital (o correspondente á banda dos 800 MHz) pero cómpre detallar que desta volta o impacto será moi inferior e, por exemplo, na provincia da Coruña non hai ningunha emisión na banda afectada. Tamén é moi probable que nos vindeiros meses se realice unha segunda partida de axudas por parte do Ministerio.
Destinan 50 millóns de euros para compensar ás comunidades de propietarios pola nova reantenización
Compartir Este Artigo
