Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O ICOIIG presenta a Oficina de Transformación Dixital cunha mesa redonda
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

O ICOIIG presenta a Oficina de Transformación Dixital cunha mesa redonda

Redacción
Publicado: 29/01/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

oficina_transformacion_dixital_mesa.jpgO Ilustre Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia será Oficina de Transformación Dixital coa que achegará ás PEME galegas ás tecnoloxías e coñecementos necesarios para afrontar os retos dixitais con máis dun cento de actividades por toda Galicia. A presentación desta iniciativa terá lugar mañá na Fundación Barrié da Maza, nun encontro con expertos de recoñecido prestixio en márketing e estratexia dixital. A actividade é gratuíta previa inscrición vía web.
As Oficinas de Transformación Dixital postas en marcha en toda España polo Ministerio de Economía e Empresa, a través da entidade pública Red.es, contan cun orzamento global de cinco millóns de euros. As actuacións para realizar serán financiadas con cargo ao Programa Operativo Plurirregional de España (POPE), Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional ( FEDER) do período de programación 2014-2020 e baixo o lema Unha maneira de facer Europa que ten entre os seus obxectivos mellorar o uso, a calidade e o acceso ás TIC.
otd_speakers.jpgEsta iniciativa execútase en paralelo ao Programa de Axudas Asesores Dixitais, dotado con outros cinco millóns de euros a través do mesmo tipo de Fondos Europeos e ten por obxectivo realizar Plans de Dixitalización que axuden ás PEME para incorporar as TIC nos seus procesos: xestión do negocio, relación con terceiros, comercio electrónico e dixitalización de servizos ou solucións.
As xornadas estarán moderadas polo xornalista coruñés Pablo Portabales e os relatores son:
– José Luis Portela: director do programa de Dirección Estratéxica de Proxectos do IE Business School. Directivo internacional experto en Dirección Estratéxica de Proxectos, Interim Management, Head Hunting, Dirección de Operacións e Dirección de Compras. Ademais é socio en Magtalent.
– Franc Carreras: profesor asociado adxunto en ESADE onde imparte clases de márketing dixital, escollido pola diario Expansión como un dos 50 principais expertos en transformación dixital de España. É cofundador de Mamis Dixitais e é mentor no programa Launchpad de Google. É considerado un dos expertos máis influentes do país grazas aos seus máis de 10.000 seguidores en redes.
– Silvia Leal: divulgadora científica. Na actualidade está a piques de estrear a súa propia serie para La 1: A cuarta revolución, trátase dun programa que se emitirá en prime time sobre o futuro da nosa vida, as profesións e as empresas.
Ademais deste evento, desenvolveranse 124 actividades de difusión nas principais cidades galegas para achegar o coñecemento ás empresas galegas e, desta forma, catalizar a transformación dixital para a mellora competitiva do empresario galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?