Na Rede podemos atopar moitos servizos que axudan a potenciar a presenza en redes sociais, entre os que non faltan compañías que incluso poderían estar a cometer fraude, pero o que non deixa de ser curioso é que algunha das empresas que pretenden axudar a outras compañías a mellorar a súa presenza en liña violen claramente as normas das plataformas sociais para conseguir tal, xa que están a asumir riscos que poden volverse na súa contra, como vén de pasarlle a compañías como ManageFlitter, Statusbrew e Crowdfire, ás que Twitter suspendeu na súa API por realizar spam de notificacións.
Un voceiro de Twitter confirmou o bloqueo das aplicacións mencionadas xa que realizaban prácticas agresivas como os seguimentos masivos de usuarios e outras prácticas automáticas de seguir e deixar de seguir a usuarios en función da reciprocidade do seguimento. Este tipo de prácticas non están permitidas polas normas de Twitter, buscando así evitar o equivalente ao spam que ten lugar nesta plataforma social, que pode chegar a xeito de notificación de novo seguidor (método que funciona bastante ben para conseguir seareiros).
Por exemplo, ManageFlitter facilitaba os seguimentos masivos de usuarios influentes en Twitter e, de non recibir reciprocidade, deixar de seguilos (e poder repetir a operación máis adiante); Crowdfire facilitaba prácticas prohibidas como enviar mensaxes directas de xeito automático; e StatusBrew tamén facilitaba deixar de seguir a usuarios que non nos seguen.
As compañías vetadas poderán crear novas aplicacións que cumpra coas normas de Twitter, pero as aplicacións actuais permanecerán suspendidas. Este tipo de medidas por parte de Twitter son máis que necesarias, xa que a proliferación de actividade e relacións artificiais promoven a perda de confianza en toda a plataforma.
Twitter suspende varias aplicacións que abusaban da súa API
Compartir Este Artigo
