A tenda en liña de Apple sorprendeu incorporando nas últimas horas na súa sección de reacondicionados varios iPhone, dende o iPhone ata o iPhone X, sendo esta un dos mellores xeitos para conseguir un iPhone X, xa que este smartphone quedou fóra de catálogo ao saír os novos iPhone Xs e Xr.
Deste xeito é posible adquirir un iPhone X con 1 ano de garantía e 64 GB de almacenamento por 879 euros ou con 256 GB de almacenamento por 1.029 euros, prezo considerablemente inferior aos 1.159 e 1.329 euros que custarían modelos de iPhone Xs con esas capacidades, aínda que cómpre salientar que os iPhone Xr desas capacidades custarían 859 e 1.029 euros respectivamente, o que faría que a compra dun iPhone X restaurado só fose apetecible para alguén especialmente interesado en gozar da súa pantalla OLED e da dobre cámara traseira, deixando de lado o feito de que o iPhone Xr ten un procesador máis moderno e unha autonomía bastante mellor.
No que se refire a móbiles máis vellos, o máis básico que poderiamos atopar sería o iPhone 7 con 32 GB de capacidade a un prezo de 449 euros, o que podería ser unha interesante opción para quen quixerse entrar no mundo do iPhone sen realizar un investimento moi elevado nin recorrer ao mercado da segunda man.
Apple ofrece smartphones reacondicionados na súa tenda en liña española
Compartir Este Artigo
