Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello da Coruña apostará firmemente polo software libre
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

O Concello da Coruña apostará firmemente polo software libre

Redacción
Publicado: 27/02/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20190226_delso__software_libre_001.jpgA concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, presentou onte a folla de ruta do goberno local para iniciar a introdución e migración a software libre do Concello da Coruña, asegurando que «O uso de tecnoloxías propietarias supón un alto custo para as administracións, que durante anos abusaron delas, tanto en termos de custos das licenzas como na propia capacidade de innovación locais. Fomentar e adoptar o software libre supón un importante aforro para as arcas públicas e, polo tanto, mellora da xestión dos recursos municipais, á vez que se apoia ao ecosistema local que desenvolve o seu traballo neste sector e, por suposto, toda a creatividade e a ética colaborativa que hai detrás deste tipo de iniciativas».
A proposta chega despois da realización, coa colaboración da Axencia Galega de Software Libre (AGASOL), dunha diagnose sobre a situación tecnolóxica da administración local, e que sitúa como viable a implantación inmediata da migración cara a este sistema no 50,40% dos 996 equipos municipais. O traballo, realizado a través dun convenio de colaboración, recadou información sobre o tipo de tecnoloxías que se están a empregar na actualidade no Concello. Os obxectivos do mesmo foron empregar estándares abertos que permitan a conexión con outras tecnoloxías, facilitar a apertura de datos para a reutilización da información ou a capacidade de transmisión de coñecemento, de cara á formar ás traballadoras e traballadores municipais para que poidan empregar ditas ferramentas.
20190226_delso__software_libre_002.jpgAsí, segundo o presidente de AGASOL, Carlos Rodríguez, o 50,44% dos equipos do Concello poderían substituír o software que presentan na actualidade, con licenza, por outro libre de xeito inmediato, mentres que no 32,83% habería que realizar unha actuación a medio prazo. Finalmente, o 16,77% dos equipos presentan unha viabilidade máis baixa «polo tipo de programas específicos que empregan».
Carlos Rodríguez apuntou que «segundo as nosas estimacións, a implantación de software libre suporía un aforro anual de 276.460 euros para a administración local» e salientou que «é moi relevante que máis da metade dos equipos do Concello poidan migrar cara a tecnoloxías libres sen presentar problemas».
A intención do goberno local é, segundo explicou a concelleira Claudia Delso, avanzar no desenvolvemento deste plan coa posta en marcha dun Proxecto piloto no posto de empregado público, «que se podería facer nun servizo en concreto ou en varios á vez». Durante a realización instalaríase unha maquinaria específica e crearíase o software do sistema operativo que se modificará en función das adaptacións necesarias que se detecten durante a implantación, ademais de ofrecer soporte tanto in situ como en remoto para atallar as incidencias e modificacións que poidan xurdir.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?