De cara aos vindeiros comicios electorais son moitos os que se preocupan polos seus datos de carácter persoal, e ao igual que a Asociación Pro Dereitos Humanos de España (APDHE) amosou o seu rexeitamento á emenda da Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal que permitiría aos partidos políticos recompilar datos sobre as opinións políticas das persoas (demanda que foi atendida polo Defensor do Pobo, quen recorrerá ao Tribunal Constitucional), os usuarios particulares tamén podemos ter reticencias ante prácticas como os envíos postais de propaganda electoral, que considerabamos inevitables, pero non é así, e como acontece normalmente cos nosos datos na meirande parte de instancias, podemos rexeitar a que a nosa información postal se comunique aos representantes das candidaturas políticas.
Evitar recibir propaganda electoral no domicilio no que estamos censados é tan doado como recorrer a un formulario web accesible mediante certificado dixital ou Cl@ve, e que permítenos mudan a configuración da nosa condición con respecto ás copias do censo electoral que se comunican aos partidos políticos, e das que podemos excluírnos voluntariamente, reducindo así a cantidade de propaganda electoral que inundará a nosa caixa de correo.
Un formulario web pode evitar que recibamos propaganda electoral
Compartir Este Artigo
