Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Ourense ICC Week ofrece un completo programa de probas, certames e charlas arredor dos eSports
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Ourense ICC Week ofrece un completo programa de probas, certames e charlas arredor dos eSports

Redacción
Publicado: 12/03/2019
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

esports_icc_week.jpgA semana ourensá das industrias culturais e creativas, a Ourense ICC Week, vén de abrir o prazo de inscrición para participar nas competicións de deportes online (eSports) do programa desta edición 2019, que se desenvolverá entre os días 5 e 7 de abril. Segundo lembra a Deputación de Ourense, a entidade organizadora da semana, o programa materializarase no Liceo e abranguerá competicións de motor (Escuderías e Fórmula 1), de FIFA 19 e de Fortnite, así como un simulador de rally e unha charla-coloquio sobre Videoxogos: dos riscos ás oportunidades.
As ligazóns para inscribirse nos eSports xa están dispoñibles na páxina ourenseiccweek.com. O obxectivo da Deputación é facer que a semana, alén doutras outras cousas relacionadas coa vangarda da nosa creatividade, sexa tamén “un punto de encontro da comunidade gamer galega”.
Volvendo aos detalles do programa, un dos seus puntos fortes será, como dixemos, as competicións arredor do automobilismo. Haberá dúas grandes liñas de actividade: por unha banda as finais de SCE (Supercompetición de Escuderías) e pola outra a SF1 (Supercompetición de Fórmula 1) de MundoGT, que reunirán aos mellores equipos e pilotos profesionais deste eido deportivo-dixital. Segundo informa a Deputación, estes torneos serán retransmitidos a través de Movistar eSports e outras canles online. As dúas citas do motor virtual traerán a cidade de Ourense equipos do talle de Vodafone Giants, Williams eSports (filial da escudería deF1) e Campos eRacing 101 pneumáticos, entre outros, que compiten a nivel mundial.
A maiores, para o público en xeral celebraranse tres competicións de balde: unha sobre Fortnite; outra sobre clásico do fútbol FIFA 19, e, volvendo ao eido do motor, outra sobre simulador de rally Dirt 2.0. Estes torneos incluirán tamén os Premios Bermello, agasallos para os gañadores que abranguen consolas PS4 Slim, mandos dualshock e tarxetas prepago PSN.
Segundo engade a organización da semana, os torneos gañarán un ingrediente de “espectacularidade e emoción” ao contaren coa presenza activa de caster (comentador das partidas de videoxogos a través de Internet) do equipo de Alfonso Rodríguez, creador e propietario das marcas de plataformas e videoxogos mais importantes a nivel nacional: MundoGT, Paraíso Gamer ou Comando Gol, e colaborador oficial de grandes marcas como Sony, Logitech e Thrustmaster. Os torneos transmitiranse en directo a través de Internet en canles especializadas.
Medios
A Deputación de Ourense sinalou os días pasados que, para esta edición, a ICC eSports contará cun importante despregue. De feito, os torneos disporán de 12 postos de consolas PS4 e 8 simuladores profesionais de condución. O equipamento para os pilotos que cheguen á final incorporará as seguintes marcas e modelos: Samsung (monitor UHD de 32″, pantalla panorámica con 4 veces máis píxeles que Full HD, con máis espazo e imaxes moi reais en UHD), Custom Cockpit (chasis KR90 GTS, compatibles con calquera tipo de volantes e pedaleiros, coa maior robustez e comodidade, incluíndo tamén side panels para darlle ao conxunto máis dinamismo) e ThrustMaster (o volante T-GT, os novos auriculares T.Racing Scuderia Ferrari Edition e o BT Led Display, unidade sen fío para ter toda a información ao alcance dunha ollada).
Charla-coloquio
O venres 6 de abril, ás 11.30 horas, no Liceo de Ourense, celebrarase unha charla-coloquio sobre Videoxogos: dos riscos ás oportunidades dirixida aos centros educativos, para mozos de entre 12 e 17 anos. A conferencia estará dirixida por José Luis Montiel Castaño, licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Médico na Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e seareiro do mundo dos videoxogos, a través de Gaiás Gaming quere fomentar o uso responsable dos servizos e ferramentas de aventuras e deportes en liña e advertir sobre os riscos do seu mal uso.
Tamén participará como relator Alfonso Rodríguez Iglesias, fundador de MundoGT, referente en España de competicións virtuais de motor, e creador doutras plataformas dixitais orientadas aos eSports. Traballou coas feiras de gaming máis importantes e ademais é comentarista (caster) de varios xogos. Actualmente recolle as actividades das súas marcas baixo a súa empresa Paraíso Gamer.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?