Onte arrancou unha nova edición do Foro Tecnolóxico de Emprego, nas escolas de enxeñaría da Universidade de Vigo (Telecomunicación, Industriais e Minas) e ata mañá venres 15. A xuntanza sobre talento universitario galego, que vai pola súa edición 19, contará coa presenza do Colexio e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG), que participará no foro co desenvolvemento dun workshop baixo título Oportunidades profesionais e de emprego do Enxeñeiro de Telecomunicación. Experiencia de Realidade Virtual. Este workshop celébrase hoxe ás 12.00 horas na sala de xuntas da Escola de Enxeñería de Telecomunicación.
Durante esta activade darase a coñecer o Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia poñendo o foco na vertente profesional da enxeñería e mailo presente e o futuro do mercado laboral dos enxeñeiros de Telecomunicación desde o ámbito do COETG e da AETG, “creando unha dinámica de grupo cos alumnos presentes para ir dando resposta ás posibles cuestións, dúbidas e preguntas”, informa o COETG-AETG, que fará un convite aos asistentes a vivir unha experiencia inmersiva de Realidade Virtual que mostrará a historia das telecomunicacións e o rol fundamental dos enxeñeiros na transformación da sociedade.
O COETG participa no foro de emprego da UVigo cunha experiencia de realidade virtual
Compartir Este Artigo

