Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Hipersector TIC duplica o volume das exportacións en 4 anos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Hipersector TIC duplica o volume das exportacións en 4 anos

Redacción
Publicado: 14/03/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20101031_amtega_02.jpgEn 2017 as exportacións de bens do Hipersector TIC en Galicia supuxeron uns ingresos de máis de 105 millóns de euros, o dobre do rexistrado catro anos antes, en 2013 con 50,7 millóns de euros. Son parte dos datos expostos esta mañá no Parlamento de Galicia pola directora da AMTEGA, Mar Pereira.
A máxima responsable da política tecnolóxica da Xunta destacou que a Administración autonómica leva impulsando a dixitalización da Comunidade desde 2009 coas medidas e plans recollidos na súa Axenda Dixital nun marco de colaboración público-privada co sector tecnolóxico.
Neste sentido Pereira lembrou que a Xunta traballa directamente con máis de 100 provedores tecnolóxicos, entre os que hai empresas galegas, nacionais e multinacionais, desenvolvendo diferentes iniciativas de calado para a dixitalización dos servizos públicos, da economía e da inclusión e a capacitación dixital da sociedade.

Contidos
  • Pacto Dixital
  • Cinco anos de crecemento
  • Incremento do valor engadido bruto e das exportacións de bens

Pacto Dixital

Destacou o papel da Administración como catalizador do sector e a importancia entre as sinerxías e a colaboración entre as empresas como elemento chave na busca de novos mercados e no crecemento do sector tecnolóxico galego. Neste sentido lembrou que en 2013 a Xunta asinou co Cluster TIC de Galicia e outras 13 empresas galegas, nacionais e multinacionais un Pacto Dixital para atraer investimento á Comunidade, impulsar a colaboración entre as grandes e pequenas empresas para favorecer a internacionalización destas últimas e o desenvolvemento de proxectos tractores para economía galega.

Cinco anos de crecemento

20101031_amtega_01.jpgPereira destacou a importancia desta colaboración para un hipersector tecnolóxico como o galego cun 82% de empresas de 2 ou menos empregados. A directora da AMTEGA referiuse na súa intervención ao último informe do Observatorio da Sociedade da Información de Galicia, que recolle que o crecemento das exportacións no sector en Galicia, o dobre entre 2013 e 2017, así como o incremento de empresas e traballadores.
En 2018 o Hipersector TIC acadou os 23.308 traballadores, o que supuxo 1.335 traballadores no último ano. É a maior cifra de emprego rexistrada polo hipersector TIC nos 5 últimos anos. O crecemento no emprego no último ano prodúcese, principalmente, no sector TIC que dá emprego a 18.163 traballadores e experimenta un incremento do 7,7% no último ano mentres que o sector Contidos conta con 5.145 traballadores/as e recupera a tendencia ascendente, cun aumento do 0,7% no último ano.
O Hipersector TIC conta actualmente con 3.474 empresas, rexistrando un aumento do 9,9% desde 2013. Estas cifras sitúan a Galicia como a quinta comunidade autónoma cunha maior cifra de empresas deste segmento, unicamente superada por Madrid, Cataluña, Andalucía e a Comunidade Valenciana.

Incremento do valor engadido bruto e das exportacións de bens

O valor engadido bruto (VEB) do Hipersector TIC galego aumentou un 9,1% no último ano e supera xa os 1.300 millóns de euros. Isto representa un crecemento moi significativo, por primeira vez, nos últimos 6 anos e indica unha tendencia positiva que garda relación co incremento no número de empresas e traballadores/as.
É preciso salientar que este incremento produciuse tanto no sector TIC como no sector Contidos. O VEB do sector TIC achégase ao 1.100 millóns de euros, cun crecemento do 9,4% no último ano. No caso do sector Contidos supera os 211 millóns de euros, cun aumento do 7,6% no último ano.
A actividade económica que acada unha maior cifra de exportación, un ano máis, corresponde á fabricación de equipos de telecomunicacións, acadando o 44,5% das exportacións do Hipersector TIC en Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?