Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha investigación galega certifica a importancia das redes sociais para os investimentos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha investigación galega certifica a importancia das redes sociais para os investimentos

Redacción
Publicado: 14/03/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ada_usc_tese_redes_sociais.jpgAs redes sociais teñen potencial como “termómetros financeiros ou referencias” á hora de preparar e efectuar investimentos en bolsa. Esta é a cerna temática da investigación de doutoramento que vén de presentar a luguesa Ada M. Pérez Pico na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo da USC baixo o título Analysis of the investor sentiment and its influence on financial markets behavior through social networks.
A investigación, dirixida polos profesores Ángeles López Cabarcos e Juan Piñeiro Chousa, faise eco (amplificándoas e pescudando nelas) das teorías que defenden que a condutas dos investidores nos mercados financeiros non sempre se rexen polos criterios da razón, recoñecéndolles aos sentimentos unha marxe importante de acción e responsabilidade no labor dos devanditos profesionais, boa parte dos cales (os sentimentos) teñen orixe, pegada e reflexo na actividade xerada nas redes sociais. Segundo salienta Pérez Pico, existe unha rica relación entre os sentimentos que os investidores verten nas comunidades e servizos de comunicación dixitais e os mercados financeiros.
Os resultados acadados pola investigadora no marco das súas pescudas conclúen que “as redes sociais teñen unha influencia directa nos movementos e na volatilidade dos mercados financeiros”, ao tempo que salienta que o perfil do investidor nestas ferramentas de comunicación dixital é un factor relevante nesta relación.
Logo de probar a existencia dunha relación directa e de carácter bidireccional entre o sentimento dos investidores nas redes sociais e os mercados financeiros, a doutora Pérez Pico conclúe que tanto as persoas que invisten como as propias empresas deben prestar atención á actividade rexistrada nas redes sociais en aras a mellorar as súas estratexias de investimento.
O profesor da Escola de Administración da Universidade de Lancaster Alistar Anderson presidiu o xurado encargado da avaliar a tese de doutoramento internacional presentada por Ana M. Pérez Pico. O profesor da Universidade de Valencia Domingo Ribeiro Soriano e Beatriz Aibar Guzmán, profesora da USC, completaron a composición dun tribunal que acordou por unanimidade outorgar a máxima cualificación de sobresaínte cum laude á tese presentada por esta investigadora luguesa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?