Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xa está dispoñible na Rede a táboa periódica dos elementos en galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xa está dispoñible na Rede a táboa periódica dos elementos en galego

Redacción
Publicado: 14/03/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20190314_oanodosistemaperiodico_marcelinomaneiro_victorfreixanes_rosarioalvarez_vaentingarcia_manolobermejo_anagonzaleznoya_dsc9743.jpgXa está dispoñible para a súa descarga, en formato PDF, a primeira táboa periódica dos elementos químicos en galego. Así nolo comunicou este 14 de marzo o Consello da Cultura Galega, no transcurso dunha xornada de seu (O ano internacional do sistema periódico: reflexións dende Galicia) na que se conmemoraba o 150 aniversario da publicación da primeira entrega de táboa, de mans de Dimitri Mendeleev. Agora, a relación dos elementos na nosa lingua será enviada aos centros educativos, aínda que o seu alcance divulgativo e de uso diario será limitado, posto que o decreto lingüístico vixente afasta a nosa lingua das materias científicas.
O traballo foi posible grazas á colaboración entre o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega, a Real Academia Galega de Ciencias, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o grupo de investigación CienciaNOSA. Da táboa periódica editáronse 13.000 exemplares que se difundirán entre a comunidade científica e educativa. Como dixemos, a presentación tivo lugar no marco da xornada O ano internacional do sistema periódico: reflexións desde Galicia, na que se avaliou a repercusión histórica da ordenación dos elementos químicos así como as consecuencias que tivo para o estudo científico na nosa terra.
ccg-pr-taboaperiodicadoselementos-propiedadeselementos-xg-ragc-rag-cn-20190313-2pp-faef296.jpgA cita cos medios foi inaugurada por Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, quen sinalou que o documento dado a coñecer é un recurso “de referencia” para o coñecemento da química. Álvarez estivo acompañada do presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez. O primeiro salientou “a irmandade entre a ciencia e a lingua galega” e cualificou esta tradución como “un xesto importante que nos obriga a reflexionar sobre a necesidade de superar esa diferenciación entre unha lingua para unhas materias ou outras”. Pola súa banda, Valentín García, destacou a relevancia do traballo despregado e de “que circulen por todos os centros dos país” os milleiros de exemplares editados, un total de 13.000 en diferentes formatos (1.000 pósters, 2.000 A4 e 10.000 A5).
No acto tamén estaban presentes os tres autores da tradución: Ana González Noya, Manuel Bermejo e Marcelino Maneiro, que fixeron fincapé no seu obxectivo común de “respectar o que fixeron outras linguas derivadas do latín, como o francés ou o portugués, que acoden á orixe dos nomes dos elementos, que poden ser nomes propios relativos a persoas, lugares ou centros de investigación que dan nome ao elemento químico; criterios totalmente validados e recoñecidos pola comunidade científica”.
A presentación pública da tradución ao galego da táboa periódica viña acompañada doutra achega ao noso ámbito científico, a da publicación Guía dos elementos químicos, que elaboraron Ana González Noya, Manolo Bermejo e Marcelino Maneiro. Ana González explicou que é un libro “que acumula o traballo de moitos anos feito con rigor pero tamén coa pretensión de divulgación científica”. Esta obra presenta todos os elementos químicos coñecidos na actualidade e nela descríbese a historia do seu descubrimento, así como as súas características, comportamento, utilidade e perigosidade. Segundo fixeron saber, “destínase ao público non familiarizado coa química xa que ofrece unha visión lúdica do sistema periódico, ao tempo que reivindica a importancia social e industrial de cada un dos elementos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?