Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación Telefónica formou a vinte vigueses en programación con Java
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación Telefónica formou a vinte vigueses en programación con Java

Redacción
Publicado: 15/03/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

telefonica_conecta_vigo.jpgA Fundación Telefónica e o Concello de Vigo celebraron hoxe a clausura do curso Desenvolvemento web con Java, impartido pola operadora de telecomunicacións ao abeiro do programa Conecta Emprego da Fundación Telefónica, orientado a formar en competencias dixitais de carácter profesional á veciñanza da cidade. No obradoiro, organizado xunto co Goberno vigués (todo o programa local Conecta Emprego), participaron unha vintena de persoas.
Os asistentes á actividade formativa, maiores de idade e con estudos básicos, medios e superiores (21% ESO e bacharelato, 43% FP grao superior, 14% de licenciatura e grao e 21% de mestrado e posgrao), tiveron a oportunidade de ampliar a súa empregabilidade grazas a capacitárense, no curso, nun eido laboral tan demandado como o da programación Java, co que verán achandado o camiño para conseguir un emprego no ámbito tecnolóxico. De feito, a Fundación Telefónica e o Concello lembraron que dous dos alumnos do obradoiro xa atoparon traballo no sector antes de rematalo.
Ao longo do itinerario de formación, que se celebrou ao longo de tres meses, os alumnos adquiriron coñecementos e habilidades que xa lles permiten desenvolver aplicacións web multiplataforma, utilizando a linguaxe Java. De feito, lembra Telefónica, “hoxe en día programar nesta linguaxe está a converterse nun valor engadido para calquera programador”.
Durante a clausura e entrega de diplomas interviñeron o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o director de Relacións Institucionais de Fundación Telefónica, Joan Cruz, quen sinalou a oportunidade da formación en empregos dixitais nunha localidade que é motor de emprego da comarca: “Vigo e os seus concellos veciños son motor do emprego laboral galego e na fundación cremos que este núcleo industrial ofrece un escenario para a nova empregabilidade de primeira magnitude”, comentou.
conectaempleo_grafica_orientador990x410.jpgPolo que se refire a Conecta Emprego, é unha plataforma de formación en competencias dixitais que supón unha oportunidade laboral salientable, segundo recalca a fundación “polas alianzas establecidas con empresas e organizacións que precisan incorporar ao seu persoal persoal formado en tecnoloxía e desenvolvemento web”. Para os cursos, os alumnos contan coa colaboración das empresas tecnolóxicas da comarca.
O plan de estudos consiste nunha formación troncal, centrada en arquitectura de aplicacións web, que inclúen o seu deseño e integración web, o desenvolvemento da capa cliente, coñecementos sobre o sistema de xestión de datos MySQL e metodoloxías áxiles. Tras realizar os cursos específicos, os alumnos reciben formación en habilidades para a empregabilidade ao longo de todo o itinerario formativo, como o impulso da intelixencia emocional, o traballo en equipo, a marca persoal, a procura de emprego 2.0 ou como realizar unha entrevista de traballo de maneira efectiva.
Durante o tres meses de duración, os candidatos seleccionados reciben tamén unha formación teórico-práctica sobre tecnoloxías e metodoloxías de programación utilizadas na industria e validadas polas empresas colaboradoras. A formación conta coa participación de expertos e referentes no sector da programación.
Como broche final, os alumnos repartidos en equipos realizarán proxectos que parten da necesidade real dunha empresa da Comunidade, coa que colaboran activamente para a súa realización. Todos os módulos formativos son presenciais e ademais os alumnos poden seguir formándose fose da aula. O programa traballa en tres ámbitos: selección, formación e incorporación nas empresas e conta cunha plataforma web.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?