Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os expertos mostran no Campus de Ferrol os diferentes futuros de Internet
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os expertos mostran no Campus de Ferrol os diferentes futuros de Internet

Redacción
Publicado: 15/03/2019
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

Un intre das xornadas nunha imaxe de Ángel Manso para La Voz
Un intre das xornadas nunha imaxe de Ángel Manso para La Voz
O futuro da Internet ten un punto de predicible contra unha listaxe infinita de incógnitas e incertezas. Albiscar os cambios e transformacións que nos agardan e afondar na vertente científica da era dixital son dous dos grandes obxectivos da 24 edición das Xornadas de Filosofía da Ciencia da Universidade da Coruña, que se celebran esta semana (ata hoxe) no Campus de Ferrol, onde ducias de expertos nestas materias xuntan forzas para explicar os fenómenos comunicativos e informativos que estamos a vivir e tentar descubrir a onde nos levan exactamente.
O encontro ten un programa de actividades moi salientable, que incluíu o primeiro día a presenza do director do Institute for Data Exploration and Applications e Tetherless World Professor of Computer, WEB and Cognitive Sciences no Rensselaer Polytechnic Institut de Nueva York, James Hendler, que foi o responsable da conferencia inaugural, baixo o epígrafe O futuro da web.
James Hendler, que ten traballos conxuntos con Tim Berners-Lee, o creador da Web, analizou na súa intervención o cambio social protagonizado pola World Wide Web, que, segundo fixo saber, está a ir moito máis lonxe dos seus alicerces iniciais para afectar profundamente ao múltiples aspectos do mundo actual que coñecementos. Respecto da sociedade do futuro, Hendler reservoulle á sociedade dixital un papel moi activo e sinalou que a Web pode influír nos modelos de negocio, a consecución dos dereitos humanos e, mesmo, na procura da felicidade.
Hendler explicou que “ata agora, a Web proporciona unha infraestrutura que nos axuda a aprender, a traballar, a comunicarnos cos nosos seres queridos e a proporcionar entretemento, pero a Internet tamén crea unha contorna afectada pola fenda dixital entre os que teñen acceso a ela e os que non o teñen”. Esta fenda, unida aos problemas crecentes de seguridade que todas e todos percibimos (e sufrimos) dende hai tempo, ponnos diante dos nosos ollos un importante desafío: como atopar un equilibrio viable entre a posesión de datos e a protección da privacidade, entre a liberdade de información e cuestións de propiedade intelectual, e entre a vixilancia abafadora e o libre fluxo de coñecemento.
Respecto do futuro, Hendler recoñeceu que “é difícil predicilo” por dúas razóns: a crecente complexidade da Web e o aumento da escala das súas tarefas. Isto, sinalou, achéganos á súa vez dous posibles futuros moi diferentes: o primeiro é un día de mañá distópico, no que se confirman as tendencias negativas da Web e estas toman o liderado; e o segundo é un futuro positivo, cunha Internet máis aberta, onde prevalezan os criterios do merco libre, os sistemas democráticos e a transparencia da información. O experto recoñeceu que, na súa opinión, o probable é que academos un lugar intermedio entre os dous escenarios sinalados e que este lugar compartido acubille trazos de ambos.
Máis relatorios
As XXIV Xornadas de Filosofía e Metodoloxía actual da Ciencia, que este ano desenvólvense baixo o epígrafe Xornadas sobre Internet e Ciencia. Análise desde a complexidade estrutural e dinámica, deron comezo coa presenza do reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, a decana da Facultade de Humanidades e Documentación, Manuela Santos Pita, e o coordinador das xornadas, Wenceslao J. González, catedrático de Lóxica e Filosofía da Ciencia.
Tras o relatorio O futuro da Web do profesor James Hendler interveu Yan Luo, da University of Massachusetts Lowell, que tratou do deseño dunha Internet de máquinas e humano para o futuro, amais de abordar a cuestión da rápida evolución de Internet, tanto en arquitectura como en aplicacións. Asemade, afondou no xurdir da Internet das Cousas, no desenvolvemento da programación en rede (network programmability) e no aluvión de máquinas intelixentes que levaron a cambios rápidos e recentes de Internet. O seu obxectivo nas xornadas de Ferrol foi fornecer dunha visión de conxunto destes fenómenos e analizar os factores subxacentes que os propician.
Xa na tarde Ole Hanseth, catedrático da Universidade de Oslo, abordou a complexidade dinámica na construción de Internet. No seu relatorio propuxo unha teoría do deseño que afonda na complexidade dinámica no deseño de Infraestruturas da Información (II), definida como “un sistema sociotécnico de capacidades de Tecnoloxías da Información (TI) compartido, aberto, heteroxéneo e en desenvolvemento”. Os exemplos de II inclúen Internet ou as redes EDI (Electronic Data Interchange) da industria. As II componse de forma recursiva doutras infraestruturas, plataformas, aplicacións e capacidades de TI e están controladas por formas emerxentes, distribuídas e episódicas.
Expuxo Hanseth como as dinámicas evolutivas das II “son non lineais”, dependen da traxectoria e “están influídas polos efectos de Rede e a aprendizaxe ilimitada de usuarios e deseñadores”. A súa proposta acometeu as tensións entre dous problemas de deseño relacionadas co deseño das Infraestruturas da Información: por unha banda o problema de arranque das II (pois necesita cubrir de maneira directa as necesidades dos primeiros usuarios, para que se poida iniciar), e, pola outra, o problema da capacidade de adaptación (os deseños locais deben recoñecer a escala ilimitada das II e a incerteza funcional). O autor baseouse na historia de Internet para ilustrar estes principios e reflectiu diversos detalles da experiencia dos países nórdicos a este respecto.
Para finalizar a tarde do primeiro día destas xornadas do Campus de Ferrol, a mesa redonda xuntou os profesores James Hendler, Yan Luo, Ole Hanseth, Thanassis Tiropanis e Ruth Towse, debatendo arredor das “tendencias e novas posibilidades na relación entre ciencia e Internet” e “o papel da complexidade”. Máis polo miúdo intercambiaron coñecemento sobre a contribución da ciencia a esas perspectivas de futuro e como a ciencia pode axudar a afrontar a complexidade estrutural e dinámica de Internet.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?