Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA e 14 firmas familiarizan a 65 estudantes co día a día da profesión TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA e 14 firmas familiarizan a 65 estudantes co día a día da profesión TIC

Redacción
Publicado: 18/03/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

amtega_tecnologos_por_un_dia.jpgEste mes de marzo Plan Digitalent da axencia AMTEGA, iniciativa para o impulso das vocacións tecnolóxicas entre os nosos adolescentes, está a deparar ás rapazas e rapaces de entre 12 e 17 anos unha importante actividade de capacitación e adestramento: a segunda edición de Tecnólogos por unha día, no que está previsto que participen un total de 65 estudantes. O Plan Digitalent, fronte común de traballo no que tamén concorren activamente as empresas adheridas ao Pacto Dixital da Xunta, achégalle á rapazada a “oportunidade única” de experimentar en primeira persoa como é unha xornada laboral nas nosas grandes empresas TIC.
O obxectivo: mellorar a visión que proxectan as profesións científico-tecnolóxicas e a percepción que os máis novos teñen delas.
Segundo informa AMTEGA, as cifras de participación nesta actividade superaron as 200 solicitudes, o que duplica as solicitudes da edición anterior. Neste proceso, preto de 50 centros educativos de máis de 25 concellos desenvolveron “un papel fundamental”, lembra a axencia, “para a participación do seu alumnado”. As prazas asignáronse aplicando o resultado dun sorteo público, considerando as preferencias dos nenos e nenas participantes.
Durante este mes de marzo, AMTEGA e as empresas TIC están a acoller aos participantes ofrecéndolles a oportunidade de mergullarse nos seus proxectos tecnolóxicos, a través dos cales “coñecerán de preto as aplicacións das TIC no mundo empresarial e participarán na rutina diaria e nas actividades que os profesionais teñan na axenda, como sesións de traballo, reunións con socios ou clientes tecnolóxicos, etc”, explica a entidade que dirixe Mar Pereira, lembrando que a listaxe de empresas colaboradoras está conformada polas seguintes 14 firmas, que achegan un total de 20 centros de traballo diferentes: 3.14 Financial Contents; Aldaba Servicios Profesionales; Altia.; Cinfo Contenidos Informativos Especializados; Coremain; Dos Espacios Internet Consulting; DXC Technology Spain; Everis Spain; Orange; R Cable e Telecomunicacións; SIVSA, Soluciones Informáticas; Sixtema, Soluciones y Proyectos de Información; Tecalis Innovación e Televés.
En total, no curso 2018/2019, e tras estas dúas primeiras edicións de Tecnólogo por un día, máis de 100 nenos/as terán a oportunidade de experimentar en primeira persoa un día de traballo nunha empresa tecnolóxica: 38 prazas ofertadas na primeira edición e 65 prazas nesta segunda, o que implica un 71% máis que na primeira quenda.
A AMTEGA porá en marcha unha nova convocatoria no segundo semestre de 2019 para seguir achegando á mocidade ás profesións TIC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?