Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Empresarios de Chantada fórmanse en técnicas para acelerar os seus negocios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Empresarios de Chantada fórmanse en técnicas para acelerar os seus negocios

Redacción
Publicado: 20/03/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mentoring_chantada.jpgDa man da Deputación de Lugo e da Asociación de Empresarios de Chantada, un grupo de autónomos e empresarios deste concello está a recibir formación avanzada e asesoramento (mentoring) para incrementar a influencia dos seus negocios, gañar en competitividade e ampliar mercado. Trátase das xornadas de adestramento Reimpulsa Chantada, na que participan arestora 15 persoas. Hoxe recibiron a visita da deputada de Cultura, Pilar García Porto, e dos directivos da dita asociación local, Néstor Quiroga e Leticia Díaz.
Reimpulsa Chantada é unha iniciativa da Asociación de Empresarios de Chantada coa que colabora a Deputación, cunha achega de 5.000 euros, a través da cal comerciantes e emprendedores reciben sesións de mentoring grupal, unha metodoloxía que axuda a mellorar os puntos clave dos negocios e a acelerar os resultados a medio e longo prazo.
Neste programa, que comezou en 2018, empresarios e autónomos teñen a oportunidade de aprender a xestionar mellor as súas empresas acadando novas metas, compartindo a súa experiencia co grupo e introducíndose no emprego de novas ferramentas.
Baixo a dirección do mentor Alberto Ferreiro, abordan diferentes temáticas como por exemplo as seguintes: como xestionar mellor o tempo e a toma de decisións, como crear marca e dar más visibilidade a un negocio ou como vender máis e mellor. Os participantes tamén aprenden a facer unha planificación anual por obxectivos, a levar un control real dos custes do negocio, a xestionar equipos de traballo e a crear unha rede de contactos.
Como dixemos, estas xornadas son impartidas por Alberto Ferreiro que é empresario, conferenciante, mentor e formador de autónomos e empresarios e conta con máis de 15 anos de experiencia no mundo dos negocios. Ferreiro é especialista na metodoloxía de asesoramento e motivación grupal, que ten como finalidade que as persoas empresarias poidan dirixir realmente seus negocios con bos resultados económicos, ao mesmo tempo que desfrutan con total liberdade do seu tempo de lecer.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?