Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Carballo Interplay contará con 34 series dixitais en competición
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Carballo Interplay contará con 34 series dixitais en competición

Redacción
Publicado: 20/03/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cip_web_series.jpg34 webseries de todo o mundo competirán na sección oficial da sexta edición do Festival de contidos dixitais Carballo Interplay, que se celebrará entre os días 3 e 6 de abril na vila coruñesa e que repartirá máis de 5.500 euros en premios. A organización do festival elixiu, entre máis de 200 propostas chegadas de todo o mundo, un total de 7 propostas galegas e en galego, 10 do resto do estado e 17 do resto do mundo.
Cada un destes bloques competirá por cadanseu premio de 800 euros, que decidirá o xurado do festival, composto por Manuel Bartual, Christian Flores, Natalia Flores, Marta Piñeiro e Daniel D. Garcia. Ademais, o público decidirá cos seus votos entre todas elas un premio de 400 euros e un xurado novo composto por Carlota Añón Varela, Uxía García Jiménez e Sandra Romero García entregará outro premio de 400 euros. Tamén haberá un premio ao mellor guión patrocinado pola Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) e un premio á mellor dirección patrocinado pola Asociación de Profesionais da Dirección e a Realización de Galicia (CREA), dotados con 200 euros e trofeo. A produtora galega CTV patrocina un novo premio para a Mellor Campaña de difusión online, dotado con 500 euros. Finalmente, entregaranse cadanseu trofeo á mellor actriz e ao mellor actor.
Entre as webseries internacionais que se poderán ver no VI Carballo Interplay hai propostas de Arxentina, Alemaña, Nova Zelandia, Canadá, Singapur, Brasil, Estados Unidos, Holanda, Italia, Líbano, Reino Unido e Rusia. A maioría das series son en español (10), galego (7) e inglés (6), pero tamén se escoitarán historias en alemán (2), éuscaro, catalán, portugués, francés, ruso, hindú, holandés, italiano e árabe.
O Carballo Interplay ofrecerá, así, unha completa panorámica do que se está cocendo no mundo das webseries a nivel global. Como vén sendo habitual, o humor terá unha presenza abafadora (14 das 34 webseries finalistas son comedias), pero tamén haberá oco para o drama (6), para o documental (4) e para o terror (3), o thriller, a ciencia ficción, o musical ou vídeo blog.
As 34 webseries finalistas proxectaranse en seis bloques -tres internacionais e tres do Estado- nas tardes do xoves 4, do venres 5 e do sábado 6, no Auditorio da Casa de Cultura de Carballo. Cada bloque terá unha duración de entre unha hora e unha hora e cuarto e a entrada, como en todas as actividades do Festival, é libre e gratuíta ata completar aforamento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?