Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O ITG xunta máis de 200 profesionais para o primeiro Industry Day galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O ITG xunta máis de 200 profesionais para o primeiro Industry Day galego

Redacción
Publicado: 20/03/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

inauguracion_institucional_i.day.jpgA nova sede nos Cantóns da Coruña do Instituto Tecnolóxico da Coruña (ITG) acolleu esta mañá o primeiro Industry Day de Galicia, un evento enmarcado na semana internacional EU Industry Week que impulsa a Comisión Europea co obxectivo de mostrar os desafíos industriais máis relevantes do momento. No acto, no que participaron máis de 200 profesionais, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, lembrou a relevancia do espírito innovador, que no caso galego permitiu, dixo, “que esteamos á vangarda en sectores como o motor, os vehículos aéreos non tripulados, o naval, o TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) ou a biotecnoloxía”.
No acto tamén interveu o presidente de ITG, Antonio Couceiro, quen sinalou que “o evento de hoxe é reflexo da aposta do instituto polo desenvolvemento da I+D+i galega, un esforzo que fixo posible, xunto ao compromiso e a alta cualificación do equipo multidisciplinar que forma parte do ITG, que nos situemos en Europa, formando parte activa de proxectos innovadores nas áreas de I+D que máis percorrido teñen neste momento”.
Óscar Fafián, responsable de Industria 4.0 e Internet das Cousas na operadora R, falou sobre “a necesidade das industrias de dotarse das tecnoloxías axeitadas para os procesos de transformación que xa se están experimentando”.
Pola súa banda, o director xeral da Cámara de Comercio da Coruña, Gonzalo Ortiz, expuxo os obxectivos da Oficina de Promoción Industrial local e a súa área de influencia, no marco do Plan de Promoción Industrial, que promove a entidade cameral.
Os contidos expostos nos dous bloques de relatorios da xornada viraron ao redor da transformación dixital e tecnoloxías facilitadoras na industria. Representantes de empresas de referencia expuxeron as súas experiencias nas áreas de control de procesos, mantemento preditivo, captura avanzada de datos, Big Data, Machine Learning, visión artificial, realidade aumentada e realidade virtual.
No primeiro bloque, Liderando a transformación dixital na industria, participaron representantes de Repsol, Navantia, o Clúster da Automoción de Galicia (CEAGA) e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG). O relatorio de Accenture Strategy deu paso ao bloque Tecnoloxías facilitadoras, que contou coa participación de representantes de Álava Ingenieros, o Grupo ULMA, Material ConneXion Bilbao e a Asociación Española de Mantemento.
EU Industry WEEK
Entre xaneiro e marzo de 2019, están a celebrarse eventos locais e de portas abertas en toda Europa no marco da Semana da Industria da UE. As temáticas xiran arredor de desafíos industriais clave como a sustentabilidade, a dixitalización, o investimento e a globalización.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?