Dende este xoves e ata o sábado estase a celebrar nunha decena de cidades españolas o evento HackForGood, encontro interuniversitario de Telefónica (a través da Rede de Cátedras) que consiste en xuntar hackers de toda España para desenvolver solucións tecnolóxicas innovadoras que dean resposta a máis dun centenar de retos sociais expostos para materializar unha sociedade máis xusta, igualitaria e solidaria. Vigo, Madrid, Valencia, Sevilla, Murcia, As Palmas de Gran Canaria, Valladolid, Salamanca, Cáceres e Cidade-Real acollerán esta sétima edición 2019.
No caso de Vigo, a cita será inaugurada oficialmente pola directora de Galicia de Telefónica, Marta Menéndez, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel J. Reigosa, este venres, ás 10:30 h., no Teatro Cidade Universitaria do Campus. Estarán acompañados por José Cidrás, director da Cátedra de Telefónica da Universidade.
HackForGood conta co apoio da Fundación Hazloposible, Fundación Telefónica, MashmeTV e a Universidade de Vigo, ademais da colaboración especial de EFIC e OpenWebinars.
HackForGood estrutúrase ao redor de desafíos ou proxectos de innovación social denominados “retos” que poden ser propostos por calquera persoa ou entidade a través da web http://www.hackforgood.net e que a organización asignará a un equipo de hackers para que traballen na iniciativa durante o transcurso do encontro.
Durante HackForGood 2019 valorarase a formación de equipos multidisciplinares que inclúan todo tipo de perfís: deseñadores, informáticos, enxeñeiros, técnicos, sociólogos, emprendedores sociais, etc., ademais da creatividade e innovación das solucións propostas, o grao de acabado conseguido durante o hackaton e o impacto social das mesmas. Con todo iso, os participantes poderán acceder a tres categorías de premios: locais, nacionais e Big Day.
· Premios HackForGood Locais (concederanse aos mellores equipos de cada unha das sedes ou cidades, o último día de HackForGood). Primeiro premio: 1.000 euros. Segundo premio: 600 euros. Terceiro premio: 400 euros.
· Premios temáticos sede Vigo. Premio á Innovación Social: 500 euros. Premio á Innovación Enerxética: 500. Premio Sustentabilidade: 500. Premio Medio Ambiente: 500.
· Categoría Premios HackForGood Big Day (concederanse aos 3 mellores equipos de entre todos os gañadores dos Premios Locais que se significaron pola súa continuidade e resultados obtidos desde a súa presentación a HackForGood). Primeiro premio. 4.800 euros. Segundo premio: 3.200 euros. Terceiro premio: 1.200.
· Categoría Premios Premios HackForGood Nacional: (concederanse aos 3 mellores equipos de entre todos os gañadores dos Premios Locais). Primeiro premio: 3.200. Segundo premio: 2.400. Terceiro premio: 800. Bolsa Universidade Politécnica de Madrid (50% -valorada en 3.000 euros). Premio Innovación Sustentable de Telefónica (5 tabletas iPad). Premios Blockchain for Good Telefónica.
Comezan os novos retos de HackForGood con Vigo como epicentro galego
Compartir Este Artigo

