Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A transformación dixital é o principal reto a curto prazo para as empresas galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A transformación dixital é o principal reto a curto prazo para as empresas galegas

Redacción
Publicado: 22/03/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20190322_conde.jpgO conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe no Foro Empresa Lugo, organizado pola Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), que a transformación dixital é o principal reto a curto prazo para a grande maioría das empresas galegas, apuntando que neste e noutros eidos a misión das Administracións é crear o sustento institucional, normativo e mesmo ambiental para que a iniciativa empresarial se desenvolva con todas as garantías e para que a capacidade para emprender non se esgote.
Neste sentido, defendeu que as institucións teñen que ser colaboradores activos do tecido empresarial, e destacou a cooperación que están prestando os empresarios de Lugo xunto ao resto de axentes socioeconómicos da Comunidade. Un traballo en equipo que, segundo subliñou, está permitindo incentivar o investimento, a través de medidas como a Lei de implantación empresarial, e a figura dos Concellos Emprendedores, dos cales 19 son de Lugo, e que contan con preferencia en diferentes ordes de axuda.
Nesta provincia, Conde puxo como exemplo da cooperación entre empresas e institucións a Business Factory Aero, que se pon en marcha coa Fundación CEL e que está a levantar unha gran expectación, con 54 proxectos presentados á primeira convocatoria.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria subliñou tamén que, grazas ao traballo en equipo, se está creando novo tecido empresarial, e así, o ano pasado constituíronse preto dun 12% máis de empresas, lembrando tamén que Lugo é a provincia galega onde máis baixou o desemprego.
Por outra banda, entre as potencialidades que Lugo está sabendo desenvolver Conde referiuse, ademais de ao polo aeroespacial, a sectores como o forestal ou as enerxías renovables, lembrando que nestes momentos hai 12 parques eólicos en construción.
Na súa intervención, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria apuntou que para que ningunha iniciativa se quede no caixón por falta de financiamento, Galicia conta este ano cun plan de financiamento empresarial, co que se facilitará financiamento a 800 proxectos de emprendedores, microempresas e PEME grazas a un orzamento de 100 millóns de euros.
Tal e como se informou no Consello da Xunta desta semana, con esta achega, a Consellería de Economía, Emprego e Industria prevé mobilizar máis de 290 millóns de euros a través de instrumentos financeiros que contribúen á creación de empresas, o crecemento das pequenas e medianas compañías no ámbito da Industria 4.0 e o apoio á dixitalización e as actividades de innovación.
Entre as novidades que inclúe o plan, destaca o novo programa de préstamos para o financiamento de proxectos estratéxicos, destinado a iniciativas de entre 1,5 e 10 millóns de euros. Dotada cun orzamento de 16,5 millóns de euros, a través desta nova liña prevese apoiar 20 proxectos que mobilizarán 33 millóns.
Ademais, dentro das axudas facilitadas polos instrumentos financeiros innovadores (IFI), incorpórase unha nova liña de préstamos destinada ao sector turístico (IFI Tur), que complementa as xa activas IFI Industria 4.0, IFI Emprende e IFI Innova, e que está destinada a proxectos de PEME que realicen un investimento de ata 1,6 millóns de euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?