Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 45 estudantes participan na UVigo nos desafíos hacker de Telefónica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 45 estudantes participan na UVigo nos desafíos hacker de Telefónica

Redacción
Publicado: 22/03/2019
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

uvigo_hackforgood-6.jpgEstes días estase a celebrar en 10 cidades estatais, incluída Vigo, a quinta edición dos HackForGood, os encontros simultáneos da Cátedra Telefónica para favorecer a vertente máis positiva do espírito hacker: trátase de convidar a estudantes a resolver unha serie de desafíos co nexo común de contribuír, coa súa resolución, a un mundo mellor. Pola Universidade de Vigo participan 45 alumnas e alumnos de Enxeñaría, de Bioloxía, de Publicidade ou de Relacións Públicas.
O Teatro Roberto Vidal Bolaño da Cidade Universitaria de Vigo acolle desde este xoves e o sábado a quinta edición en Vigo de HackForGood, un evento promovido pola Cátedra Telefónica e que se desenvolve de forma simultánea en dez cidades españolas (Madrid, Valencia, Sevilla, Murcia, Las Palmas…).
O encontro foi inaugurado polo reitor, Manuel Reigosa, e a presidenta de Telefónica Galicia Marta Menéndez, que se amosaron “tremendamente satisfeitos, coa evolución que está a amosar esta actividade e o gran nivel adquirido nas últimas edicións”. Sobre a evolución de HackForGood, a representante en Galicia da compañía de telecomunicacións, fixo fincapé en que o éxito do programa provocou que este ano se sumaran ao encontro outras dez universidades de toda España “acadándose a maior cifra de universidades participantes dos últimos sete anos, que é o tempo que leva organizándose o HackForGood, os últimos cinco con presenza aquí en Vigo”, recalcou Menéndez, que se referiu ás 25 cátedras coas que conta esta empresa na actualidade (distribuídas en 23 universidades públicas e privadas) como “a mellor maneira de achegarse ao talento universitario”.
uvigo_hack2.jpg Trala inauguración, o reitor e a responsable en Galicia de Telefónica puideron coñecer de primeira man os proxectos nos que están a traballar cada un dos equipos. Fixeron o percorrido pola sala acompañados polo responsable da Cátedra Telefónica da Universidade de Vigo, o profesor José Cidrás, quen destacou o interese desta iniciativa non só para os estudantes, senón tamén para os docentes.
Nesta edición viguesa de HackForGood participan un total de 12 equipos, compostos por alumnas e alumnos de diferentes titulacións, sobre todo do Campus de Vigo, pero tamén de Pontevedra e Ourense. Boa parte dos participantes proveñen das enxeñarías, pero este ano destaca tamén a implicación do alumnado da Facultade de Bioloxía, que participa no encontro con varios proxectos de carácter ecolóxico.
Na edición viguesa de HackForGood repartiranse un total de 4.000 euros en premios: 1.000 para o primeiro premio, 600 para o segundo e 400 para o terceiro. A maiores haberá tamén catro premios temáticos, dotados cada un deles con 500 euros: á innovación social, á innovación enerxética, a sustentabilidade e o medio ambiente. Os equipos gañadores en cada sede competirán despois por algúns dos premios que se reparten a nivel nacional.
Organizadoras e metodoloxía
HackForGood conta co apoio da Fundación Hazloposible, Fundación Telefónica, MashmeTV e a Universidade de Vigo, ademais da colaboración especial de EFIC e OpenWebinars.
HackForGood estrutúrase ao redor de desafíos ou proxectos de innovación social denominados “retos” que poden ser propostos por calquera persoa ou entidade a través da web http://www.hackforgood.net e que a organización asignará a un equipo de hackers para que traballen na iniciativa durante o transcurso do encontro.
Durante HackForGood 2019 valorarase a formación de equipos multidisciplinares que inclúan todo tipo de perfís: deseñadores, informáticos, enxeñeiros, técnicos, sociólogos, emprendedores sociais, etc., ademais da creatividade e innovación das solucións propostas, o grao de acabado conseguido durante o hackaton e o impacto social das mesmas. Con todo iso, os participantes poderán acceder a tres categorías de premios: locais, nacionais e Big Day.
· Premios HackForGood Locais (concederanse aos mellores equipos de cada unha das sedes ou cidades, o último día de HackForGood). Primeiro premio: 1.000 euros. Segundo premio: 600 euros. Terceiro premio: 400 euros.
· Premios temáticos sede Vigo. Premio á Innovación Social: 500 euros. Premio á Innovación Enerxética: 500. Premio Sustentabilidade: 500. Premio Medio Ambiente: 500.
· Categoría Premios HackForGood Big Day (concederanse aos 3 mellores equipos de entre todos os gañadores dos Premios Locais que se significaron pola súa continuidade e resultados obtidos desde a súa presentación a HackForGood). Primeiro premio. 4.800 euros. Segundo premio: 3.200 euros. Terceiro premio: 1.200.
· Categoría Premios Premios HackForGood Nacional: (concederanse aos 3 mellores equipos de entre todos os gañadores dos Premios Locais). Primeiro premio: 3.200. Segundo premio: 2.400. Terceiro premio: 800. Bolsa Universidade Politécnica de Madrid (50% -valorada en 3.000 euros). Premio Innovación Sustentable de Telefónica (5 tabletas iPad). Premios Blockchain for Good Telefónica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?