Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A protección de datos persoais ante o uso electoral centra unha campaña informativa do CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A protección de datos persoais ante o uso electoral centra unha campaña informativa do CPEIG

Redacción
Publicado: 26/03/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fernando-suarez-discurso.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) lanza unha campaña informativa sobre a protección dos datos persoais ante o seu uso electoral, dada a inminente celebración das eleccións xerais e municipais dos vindeiros meses de abril e maio no conxunto do Estado.
Actualmente, os partidos políticos usan os datos persoais que figuran nas contan de redes sociais a través da tecnoloxía Big Data, una manobra que provocou auténticos escándalos internacionais, como foi o caso da compañía inglesa Cambridge Analytica que supostamente utilizou datos de contas de Facebook para a campaña de Trump e no proceso electoral do Brexit.
proteccion_datos__uso_electoral.jpgO presidente do CPEIG, Fernando Suárez, sinala que a entrada en vigor do Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD) parecía presaxiar que España podería estar a salvo deste tipo de intromisións na privacidade. Pero a recentemente aprobada Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal e Garantía dos Dereitos Dixitais, introduciu unha interpretación particular dunha excepción contemplada na normativa europea no relativo ao tratamento de datos por razóns de interese público xeral, permitindo aos partidos políticos «certa liberdade» en tres ámbitos: o tratamento de datos ideolóxicos, a recompilación de datos en redes e o envío de propaganda electoral. Suárez salienta que «é preciso maior vixilancia na protección de datos e na privacidade dos usuarios de redes sociais e regular este uso da tecnoloxía para influír no voto dos electores».
Esta modificación da lei, introducida no último momento sen debate e consenso, provocou unha gran polémica. Por iso, a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) publicou unha circular na que se establecen unha serie de límites aos partidos políticos para evitar o correo lixo electoral e para que non poidan establecer perfís ideolóxicos, de forma que, aínda que envíen publicidade, non o poidan facer de forma dirixida, sendo sancionados en caso de non cumprir estas indicacións.
Por outra banda, o regulamento europeo introduce unha serie de garantías para os cidadáns da Unión Europea, entre as que destaca o dereito de oposición ao tratamento e inclusión dos datos de carácter persoal nos censos electorais.
Por todo isto o CPEIG publica un folleto dispoñible en liña que recolle todas estas cuestións lexislativas e ofrece unhas recomendacións para que os cidadáns estean informados das opcións que teñen para protexer os seus datos persoais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?