Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CESGA organiza unha nova sesión para coñecermos as posibilidades do FinisTerrae II
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CESGA organiza unha nova sesión para coñecermos as posibilidades do FinisTerrae II

Redacción
Publicado: 29/03/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

finisterrae_etc-56.jpgO FinisTerrae II, o supercomputador do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), vai ser obxecto esta primavera dunha nova sesión de divulgación sobre as importantes potencialidades de seu. A cita será o 23 de abril, en horario de mañá, das 10.00 ás 13.00 horas, na propia sede do CESGA no Campus Sur de Santiago. A sesión está dirixida a usuarios noveis ou potenciais usuarios do computador FinisTerrae II, co obxectivo de que “coñezan o equipo e aprendan a usalo para as súas propias aplicacións ou para as que estean dispoñibles”.
Como lembraremos, o supercomputador é empregado na actualidade por centos de empresas e investigadoras/es da nosa comunidade científica para a resolución das máis complexas operacións ligadas ao cálculo avanzado ou ao tratamento do Big Data (información a gran escala).
Os contidos da actividade incluirán un bloque introdutorio sobre arquitectura clúster e descrición de hardware e un achegamento pormenorizado á metodoloxía empregada para acceder ao FinisTerrae II, para facer uso do sistema de colas (que é?, por que é necesario?, cales son os seus límites?, etc) e para tirar proveito das súas moitas aplicacións (software instalado, petición de novos programas, uso das aplicacións, execución de traballos simples).
O FinisTerrae II entrou en produción hai agora dous anos, incrementando de maneira notable as prestacións do servizo de cálculo do CESGA. O novo supercomputador é un sistema de cálculo avanzado baseado en procesadores Intel Haswell e interconectado mediante rede Infiniband (FDR@56Gbps con topoloxía Fat-tree) cun rendemento pico de 328 teraflops e sostido en Linpack de 213 teraflops.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?