Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os seareiros dos videoxogos xúntanse dende hoxe no Ludus Gaming Festival
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os seareiros dos videoxogos xúntanse dende hoxe no Ludus Gaming Festival

Redacción
Publicado: 29/03/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ludus_detalle.jpgA Casa do Deporte de Lugo é estes días un centro de referencia para toda a nosa comunidade de seareiras e seareiros dos videoxogos e o lecer dixital. O motivo? A celebración do Ludus Gaming Festival, que abre as súas portas hoxe e ofrece tres días de competicións, formación tecnolóxica, demostracións e, por suposto, a posibilidade de sacarlle partido aos xogos, plataformas e dispositivos máis innovadores. O Concello de Lugo organiza este evento gratuíto que tamén vén da man de Ebone e que se celebra hoxe, de 17:00 a 22:00 horas, o sábado, de 11:00 a 22:00 horas e o domingo, 31, de 11:00 a 20:00 horas.
O Ludus Gaming Festival enmárcase na programación municipal para potenciar as novas tecnoloxías e achegar á veciñanza ao mundo dixital. Estará composto por 8 zonas diferenciadas, 4 torneos e máis de 100 postos de xogo. Calcúlase que contará coa presenza de máis de 5.000 asistentes procedentes da nosa terra pero tamén de todos os recantos do ámbito estatal.
En termos máis concretos, a cita contará con tres grandes áreas. Por unha banda, unha área formativa e lúdica, que busca poñer a disposición da veciñanza “unha serie de propostas formativas que permitan o acceso ao coñecemento de novas tecnoloxías dende unha perspectiva teórica-práctica, que satisfaga ademais o desexo de aprender e facilite a oportunidade de experimentar e probar in situ os elementos que compoñen unha aproximación á tecnoloxía e aos xogos”. A segunda área é a divulgativa, técnica e de demostración, que ten o obxectivo de fornecer ao público de datos relevantes sobre tendencias, produtos e recursos da tecnoloxía. A maiores, activarase un espazo libre (free zone) que configurará un emprazamento específico para o xogo de balde.
ludusgaming_inscrip-2.jpgEstas son as oito zonas nas que se artellan as tres devanditas áreas: zona torneos (con catro torneos e co obxectivo de que participen ata 1.500 xogadores e xogadoras), zona obradoiros (acollendo un taller de programación e de voo de drons e un obradoiro de robótica), zona free play (con máis de 20 postos de xogo para distintas videoconsolas: PS4, Xbox One ou Nintendo Wii), zona retro arcade (configurada en modo de xogo libre, asistida por monitores que orientarán aos asistentes, e contando con ata 6 postos retro con máis de 1.500 videoxogos arcade vintage), zona simulador e VR (onde o público poderá gozar de experiencias racing car con ata 4 simuladores e xogos de realidade virtual aumentada con outras 4 simuladores de realidade virtual), zona animación, zona filmoteca-visualización (organizarase nas xornadas de venres e sábado sesións-marathon nas que se poderán ver diferentes contidos audiovisuais relacionados con StarWars, Marvel ou Hero) e zona mainstage (un escenario acompañado dunha pantalla LED onde terán lugar algunhas das accións descritas anteriormente).
Asemade, haberá un área Food & Truck no exterior do pavillón (con servizo de comida) e unha ocioteca.
Respecto do programa, contará coa presenza de referenciais youtubers e videogamers. En concreto, formarán parte do evento ZormAn, con máis de 1,4 millóns de subscritores na súa canle, Álex Alguacil, campión do mundo de PES e Aidy García Cortés, que conta con máis de 19.000 seareiros en Twitter e é xogador do club Giants Gaming.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?