Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A mocidade galega é a que máis compra pola Rede en España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A mocidade galega é a que máis compra pola Rede en España

Redacción
Publicado: 02/04/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

socidade_dixital_espanha_2018.jpgEsta mañá presentouse o Informe da Sociedade Dixital en España 2018 elaborado pola Fundación Telefónica, no que recollen os indicadores sociais máis relevantes que conforman o panorama da sociedade dixital á vez que analizan a evolución dos servizos dixitais e infraestruturas no ámbito estatal.

Contidos
  • Datos relativos a Galicia
  • WhatsApp domina as comunicacións persoais en España

Datos relativos a Galicia

Pero os datos recollidos no informe tamén serven para facer un retrato da sociedade galega, destacando que un 62,7% dos galegos de entre 16 e 24 anos compran a través da Internet superando en 8 puntos a media estatal, mentres que o 40,4% da nosa poboación tería realizado a adquisición dalgún produto ou servizo a través da Internet nos últimos 3 meses, o que supón un crecemento interanual do 25,9% (mentres que a media estatal está nun 8,8%). Temos así que Galicia está a medrar no uso do comercio electrónico, sendo a nosa mocidade a que ten unha maior afinidade a esta forma de mercar.
O informe da Fundación Telefónica recolle que o 82,6% dos fogares galegos teñen contratado un servizo de acceso á Internet, considerándose que o usa da Internet é practicamente universal entre os menores de 34 anos, aínda que entre os galegos de entre 65 e 74 anos tamén se rexistrou un importante incremento (8,6%) con respecto ao ano anterior.
No relativo á interacción coas Administracións Públicas, Galicia consegue situarse no terceiro posto de comunidades autónomas a nivel estatal, acadando un meritorio 68,2%, o que supón un crecemento interanual do 16,6% e unha posición un 2,8 puntos superior á media.

WhatsApp domina as comunicacións persoais en España

Se analizamos a España en xeral vemos como o móbil segue a ser o corazón da tecnoloxía, pechando o mes de setembro de 2018 cun parque de 53,4 millóns de liñas móbiles, ou sexa, 114 liñas por cada 100 habitantes. Tamén salientan que a cobertura das redes 4G xa chega ao 97,2% da poboación, mentres que nas comunicacións fixas a fibra óptica ata o fogar xa ten unha cobertura do 71%, superando amplamente a países como Reino Unido, Alemaña ou Francia.
Pero a proliferación de liñas móbiles non indica un maior uso dos servizos de voz, senón que o informe tamén incide nunha tendencia moi asentada: a preferencia da mocidade pola mensaxería instantánea. Aseguran que o uso de mensaxes case dobra ao de chamadas por móbil e fixo, cun 60% da poboación que envía mensaxes instantáneos varias veces ao día, mentres que só un 24% fai varias chamadas polo móbil e só un 12% faría o mesmo polo fixo. Nesta liña sosteñen que o 96,8% dos mozos españois de entre 14 e 24 anos empregan o WhatsApp como canle preferente para comunicarse con familiares e amigos.
Un detalle significativo no informe de 2018 é o relativo aos cambios no consumo televisivo, de xeito que o consumo audiovisual diante do televisor comeza a igualarse ao doutras pantallas (ordenadores, móbiles e tabletas), e tamén está a medrar moito consumo en Smart TV.



Vídeo promocional do informe elaborado pola Fundación Telefónica

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?