Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo estará na final do desafío de robótica libre ASTIChallenge
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo estará na final do desafío de robótica libre ASTIChallenge

Redacción
Publicado: 02/04/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_gcode1.jpgA Universidade de Vigo é finalista no desafío de robótica móbil ASTIChallenge, unha competición de balde centrada en impulsar novos xeitos libres, argalleiros e participativos de traballar e desenvolver enxeños. Logo de varios meses de fases previas, a vindeira fin de semana celebrarase a fase final en Burgos, na que a institución viguesa estará representada polo equipo GCode Robotics, xunto con outros 14 finalistas de universidades e centros de FP superior.
Fernando Flores, do grao en Electrónica Industrial e Automática, especialidade en electrónica industrial; David Fernández, Miguel Salvatierra e Ánxel o grao en Tecnoloxías Industriais compoñen o equipo vigués, que se estrea con esta iniciativa na liga de competicións de calibre. Segundo fan saber, trátase dunha competición na que se reta aos grupos de desenvolvedores a construír e programar un robot para que realice diversas probas, como moverse por unha mini-fábrica carrexando un palé de maneira autónoma e comunicándose sen fíos coa súa contorna. O equipo vigués engade que a través deste tipo de desafíos, as alumnas e alumnos participantes traballan competencias das áreas de tecnoloxía, programación e robótica, mellorando as súas habilidades na xestión de proxectos, o emprendemento, a innovación e a creatividade. A iniciativa vén da man da empresa ASTI Mobile Robotics.
En total, na fase final do desafío ASTIChallenge participan 66 equipos, dos cales 15 pertencen á modalidade de universidade e FP superior. Nesta categoría entregaranse catro galardóns: mellor xestión de proxecto; mellor rendemento no torneo; mellor robot no duelo de robots e mellor centro educativo. O premio para a categoría de universidades é a realización de prácticas remuneradas na empresa ou un curso de formación en robótica móbil.
De face a fase final, o equipo vigués competirá con Bumblebee, un robot de código aberto cuxo miolo e deseños 3D será publicado na plataforma GitHub. O corpo foi impreso en 3D e para o control empregaron unha placa Arduino Nano cun microcontrolador ATMega328. Amais, conta con catro sensores infravermellos de distancia e unha matriz de oito sensores de contraste, e unhas antenas de radiofrecuencia para as comunicacións coa contorna e un acelerómetro e xiroscopio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?