Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A divulgación científica, eixe dos novos encontros de normalización do CCG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A divulgación científica, eixe dos novos encontros de normalización do CCG

Redacción
Publicado: 03/04/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ccg_ac_2019_encontrosnormalizacion-def4-1.jpgEste xoves comezan na Cidade da Cultura os Encontros para a Normalización Lingüística. A cita, organizada polo Consello da Cultura Galega coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, porá o foco na divulgación científica e nos novos formatos e metodoloxías para divulgar investigación, achados e coñecemento avanzado. A presidenta da institución, Rosario Álvarez, inaugurará a xuntanza ás 16:15 horas. As sesións desta 21 edición das xornadas desenvolveranse ata o venres na Cidade da Cultura. O arrinque virá da man de Iolanda Fernández Casal, xornalista da Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade do CCG.
Logo, a primeira das mesas redondas está moderada por Anxos Sobriño e nela diferentes investigadores falarán das vantaxes de divulgar en galego. Son Javier Balea que mantén o web Moléculas en galego; a matemática da USC, Elena Vázquez Abal, e X. Dosi Veiga, creador do web Ceos Galegos.
Esta primeira sesión conta tamén cunha mesa de experiencias para coñecer como se divulga a ciencia no ensino secundario. Nela falarán os profesores de iniciativas didácticas como A Axencia Espacial Escolar galega, o Proxecto Ríos, Xeoclip ou o Fitofaladoiro. Os relatores desta mesa son: Cibrán Arxibai do IES Losada Diéguez da Estrada; Xosé Manuel Fernández Castro do IES Maruxa Mallo de Ordes; Camilo Ojea do CPI Mosteiro Meis e Xacobo de Toro, IES Urbano Lugrís de Malpica.
A sesión do venres arrinca con dúas mesas redondas. Unha sobre Ciencia, muller e lingua que modera Marilar Aleixandre e na que participan Patricia Conde da Faculdade de Ciências, Universidade de Lisboa; Marta Piñeiro Núñez do Laboratorios de Investigación Lilly, Indianápolis-USA; e María D. Mayán do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña. E outra sobre os posibles públicos que analizarán os casos de publicacións especializadas (Xerais Básicos Ciencia), medios de comunicación (GCiencia e Efervesciencia) e formatos a medio camiño entre espectáculo e divulgación (Peripeciencia).
A mañá complétase con varias mesas de experiencia. Unha para cooperar para divulgar a ciencia coas iniciativas dos concellos de Vigo e de Pontevedra: Pontenciencia e Achégate ás ciencias…en galego. E outra na que falarán da tradución das charlas TED ao galego e da Galipedia.
Pola tarde o programa abrangue varios espazos a maiores: na Aula 1 da Biblioteca e Arquivo de Galicia haberá espazo para un Obradoiro de Subtitulación en YouTube con Xacobo de Toro; a sala Off. Cidade da Cultura acollerá o Obradoiro de Edición/Tradución na Galipedia a cargo de Elisardo Juncal coa presentación de María Justo.
Xurxo Mariño, membro da Sección de Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade do CCG, ofrecerá un relatorio titulado As miñas linguas e mais eu. Algunhas reflexións sobre a mente e a linguaxe.
As sesións rematan con retranca: co Discurshow de Vicente Mohedano, que leva por titulo Voute contar. E, como peche, unhas conclusións a cargo da presidenta da institución, Rosario Álvarez.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?