Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A protección de datos persoais nas administracións, ao detalle na sede da Deputación de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A protección de datos persoais nas administracións, ao detalle na sede da Deputación de Lugo

Redacción
Publicado: 03/04/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_lugo_xornada_proteccion_datos.jpgO pazo provincial da Deputación de Lugo, o pazo de San Marcos, vai acoller unha xornada formativa sobre a protección de datos persoais na administración pública. A cita foi presentada este mércores polo voceiro da entidade, Álvaro Santos Ramos, quen salientou algúns dos seus obxectivos principais: ofrecer unha visión sobre as obrigas no cumprimento da normativa en materia de salvagarda de información persoal nos concellos, afondando en aspectos como os conceptos xerais da lei, as obrigas das entidades locais ou a designación da figura do Delegado de Protección de Datos (DPD).
A xornada, que organiza a Deputación de Lugo e a Fundación Democracia e Goberno Local, será o vindeiro xoves 11 de abril, no salón de actos do pazo de San Marcos, de 9:00 a 14:30 horas. O prazo de inscrición está aberto en www.deputacionlugo.gal.
Amais dos devanditos temas, Santos Ramos sinalou que tamén se fará especial fincapé en afondar nas medidas de seguridade na Administración local en relación á protección de datos persoais, e poranse en valor as experiencias levadas a cabo na aplicación da normativa de referencia na Deputación de Pontevedra e os novos retos futuros en materia de rexistro electrónico, transparencia e protección de datos na Deputación de Sevilla.
As Xornadas sobre Protección de Datos arrancan as 9:00 horas coa inauguración oficial a cargo do presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o director da Fundación Democracia e Goberno Local, Ramón Camp i Batalla. Ás 9:30 horas terá lugar a conferencia Cumprimento da normativa de Protección de Datos Persoais da Administración local, a cargo da xefa da Área do Rexistro Xeral de Protección de Datos da Axencia Española de Protección de Datos, Ana Vázquez Ruiz.
De seguido, ás 12:00 horas, será a conferencia Protección de datos persoais e medidas de seguridade na Administración local, a cargo da licenciada en dereito e directora técnica de Datalawyers, experta en protección de datos e seguridade da información, Eva Rivera Fernández. As 13:00 horas, desenvolverase o relatorio Experiencia levadas a cabo na aplicación da normativa de protección de datos na Deputación de Pontevedra, a cargo do delegado de Protección de Datos da Deputación de Pontevedra, Luís Feijóo García.
As 13:45 horas, celebrarase a conferencia A Deputación de Sevilla ante os novos retos de rexistro electrónico, transparencia e protección de datos, a cargo do secretario xeral da Deputación de Sevilla, Fernando Fernández-Figueroa Guerrero. Por último, ás 14:30 horas, será a clausura, a cardo do xerente da Fundación Democracia y Gobierno Local, José Luís Moreno Torres.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?