Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago abre unha praza dixital para a mocidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago abre unha praza dixital para a mocidade

Redacción
Publicado: 03/04/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sencancelas.jpgA mocidade compostelá ten dende xa unha nova web para socializar e reafirmarse no uso do galego. Este é un dos obxectivos do proxecto #SenCancelas, visible en www.sencancelas.gal. A iniciativa foi impulsada polo Concello de Santiago, a través da Concelleira de Mocidade. A principal responsable do departamento, Noa Morales, presentou hoxe os principais obxectivos da proposta. Segundo fixo saber, trátase dun proxecto de lecer alternativo para mozas e mozos nacidas/os entre 2002 e 2005, co obxectivo de impulsar a súa creatividade e darlles un chan firme no que pisar en relación co uso do galego. Trátase, polo tanto, dun espazo duplo (offline e online) de lingua plenamente normalizada.
Sencancelas, que tamén conta co impulso do Departamento de Lingua de Santiago, busca igualmente abrir xanelas para “desenvolver os intereses da xuventude nos medios dixitais”. Na rolda de prensa, na que tamén participou o encargado da acción, Óscar Maceira, explicaron que a actividade promoverá que os participantes desenvolvan un proxecto piloto de seu (montar un podcast, crear o seu videoxogo, gravar un disco de hip hop, publicar o seu cómic, ter a súa canle de YouTube…) enfrontándose coas dificultades de levar a cabo unha idea emprendedora e “poñendo en contacto a diferentes mozos e mozas con ideas afíns ou complementarias”.
sencancelas_santiago.jpgMorales e Maceira engadiron que outros dos desafíos de #SenCancelas é achegar “un territorio libre de prexuízos, en constante evolución, sen fronteiras, aberto ás diferenzas, colaborativo e de portas abertas”. Ou sexa, que se trata de crear un territorio común que faga honra ao nome do proxecto.
#SenCancelas, amais de nas redes, desenvolverase todos os luns durante dúas horas de 18:00 a 20:00 no Centro Xove de Almáciga, dende o 22 de abril ao 15 de xullo e do 2 de setembro ao 16 de decembro.
O período de inscrición é ata o 15 de abril, a través de dptoxuventude@santiagodecompostela.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?