Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Entra na recta final o prazo para solicitar as axudas de Innova PEME
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Entra na recta final o prazo para solicitar as axudas de Innova PEME

Redacción
Publicado: 04/04/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20190403innovapeme1.jpgO prazo para presentarmos axudas para desenvolver plans de innovación e transformación na nosa empresa a través do programa Innova PEME xa entra na recta final, de feito remata o vindeiro 8 de abril. Así o lembrou onte a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey Vilar, no transcurso dunha xornada informativa sobre o devandito programa, que, segundo recordou, persegue que as PEME e microempresas teñan máis visibilidade no mercado, tanto nos medios offline como (sobre todo) nas plataformas e servizos online, e todo isto grazas á creación de produtos e servizos innovadores ou a mellora dos procesos.
Na súa intervención, Argerey salientou que “a innovación, a diferenciación de produto, o deseño, as tecnoloxías dixitais ou a internacionalización son os ingredientes básicos e necesarios hoxe para que unha empresa teña éxito”. Porén, dixo, “son as pequenas empresas as que máis apoio precisan para innovar”. Neste punto, engadiu, é onde entra en xogo Innova PEME, apoiándoas para mellorar a súa capacidade innovadora.
A directora de GAIN aproveitou a cita para convidar ás empresas participantes no acto a que presenten bos proxectos á convocatoria e a que colaboren na difusión de experiencias para sensibilizar ao resto do tecido empresarial sobre o carácter estratéxico da innovación para a economía galega. De feito, no marco do encontro expuxeron a súa experiencia neste programa dúas empresas participantes na primeira edición: Galifresh e Linknovate.
Máis datos
Innova PEME inclúe axudas destinadas ao financiamento do custo das actividades integradas en plans de innovación, que lles permitan ás empresas sistematizar os procesos anovadores e transformadores e estean aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia. Son subvencións a fondo perdido que cobren o 50% dos custos de desenvolvemento e posta en marcha do plan de innovación da empresa (axudas de entre 40.000 e 100.000 euros). O orzamento total é de 2.800.000€.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?