Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: FESTGalicia.gal preséntase na Ourense ICC Week
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

FESTGalicia.gal preséntase na Ourense ICC Week

Redacción
Publicado: 04/04/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

festgalicia.jpgA ICC Week, a semana das industrias culturais e a innovación de Ourense, está estes días acollendo actividades que nos serven para coñecer a vangarda do noso pulo creativo en calquera das súas manifestacións. Un exemplo disto foi a presentación da plataforma FESTgalicia.gal, cuxos vindeiros pasos foron dados a coñecer polo director da axencia AGADIC, Jacobo Sutil. Segundo lembrou no relatorio específico sobre a plataforma, a través desta búscase promover o turismo musical (e Galicia como destino musical) seguindo criterios de “calidade, sustentabilidade e responsabilidade social”.
A plataforma, que tamén é marca, acolle festivais que funcionan de xeito profesional e que se preocupan por achegar ingredientes extra (valores solidarios, sociais, culturais, artísticos, económicos, etc) á contribución puramente artística. FEST Galicia sería un evento practicamente pioneiro a nivel estatal en atermia de turismo de festivais. A posta en marcha da iniciativa é froito do traballo de AGADIC en estreita colaboración cos certames adheridos e a Asociación de Festivais de Galicia.
Amais de todo o devandito, Sutil avanzou que este venres o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará unha nova convocatoria de adhesión á marca para festivais que se celebren entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2019. Trátase dunha resolución conxunta entre a AGADIC e Turismo de Galicia, que destina 350.000 euros a consolidar e impulsar a estratexia de colaboración que se iniciou o ano pasado, e inclúe tamén a achega económica da Secretaría Xeral de Igualdade para as accións relacionadas coa campaña Agresión OFF. Eu digo non á violencia sexual.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?