Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O ámbito TIC voa alto nos Premios PEL ás mellores iniciativas empresariais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O ámbito TIC voa alto nos Premios PEL ás mellores iniciativas empresariais

Redacción
Publicado: 05/04/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_coruna_pel.jpgOs Premios PEL que convoca a Deputación da Coruña por terceiro ano consecutivo, dirixidos a recoñecer o traballo das nosas PEME e autónomos en materia de desenvolvemento económico e innovación, foron obxecto dunha salientable participación. Así o deu a coñecer esta semana o xurado do certame, explicando que se recibiron finalmente 84 candidaturas (57 empresas, 14 concellos e 13 asociacións) e que as gañadoras serán dadas a coñecer nos vindeiros meses, nunha gala que contará con diversos representantes da entidade provincial e do tecido produtivo coruñés. Por sectores, destacan un ano máis as candidaturas do ámbito tecnolóxico-dixital.
A Deputación convocou este premio por terceiro ano consecutivo dentro das accións do Plan de emprego local (PEL), co obxectivo de recoñecer o traballo realizado polas pequenas e medianas empresas, autónomos e autónomas, concellos de menos de 20.000 habitantes e asociacións empresariais comprometidos co desenvolvemento económico da provincia.
Como dixemos, un total de 84 candidaturas presentáronse ás cinco categorías coas que conta o galardón, dotadas con 15.000 euros cada unha: Mellor Iniciativa Empresarial Nova, dirixida a proxectos emprendedores con menos de 12 meses de antigüidade; Mellor Iniciativa Empresarial Consolidada, destinada a aquelas empresas que conten con máis de cinco anos de actividade, Mellor Iniciativa Xeradora de Emprego, que premiará as empresas que contribúan ao medre do emprego sustentable e de calidade na provincia, Concello Promotor do Emprego de Calidade, dirixida aos concellos coruñeses que promoven e favorecen o emprego e o emprendemento e Mellor Asociación Empresarial, cuxa finalidade é valorizar o labor das asociacións de empresarios/as á hora de fortalecer o tecido empresarial.
Os membros do xurado avaliaron xa as candidaturas presentadas, seguindo criterios coma a orixinalidade da idea de negocio, a xeración de emprego, a capacidade de expansión, as iniciativas de fomento do emprendemento postas en marcha polos concellos, os servizos prestados polas asociacións empresariais, entre outros.
A meirande parte das empresas que concorren aos premios teñen o seu domicilio nos concellos da Coruña (15), Santiago de Compostela (9) e Bergondo (4). En canto aos concellos, concorren os de Ares, Brión, Cerceda, Coirós, Curtis, A Laracha, Mazaricos, Ortigueira, Porto do Son, Santa Comba, Sobrado, Valdoviño, Vedra e Vimianzo. No referente á quinta categoría, de mellor asociación empresarial, o concello de Ferrol é a que presenta unha maior representación (3), seguido dos concellos de Santa Comba (2) e Santiago de Compostela (2).
En canto aos ámbitos de actividade das empresas, destacan as dedicadas aos servizos técnicos ou tecnolóxicos, así como as empresas de servizos de educación e formación, do sector audiovisual e musical, dos sectores agrícola e gandeiro, téxtil, comercio electrónico, consultaría, etc.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?