Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Lugo da USC organiza o seu I Certame de Videocreación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Lugo da USC organiza o seu I Certame de Videocreación

Redacción
Publicado: 05/04/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cursoprimavera_usc_lugo.jpgA Universidade de Santiago de Compostela (USC) aposta pola visibilidade das novas linguaxes coa convocatoria dun certame de videocreación, cuxa temática está estreitamente ligada coa do XV Curso de Primavera Andar, camiñar, marchar…, un programa de reflexión e debate promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello e Deputación Provincial de Lugo, que se desenvolverá do 10 ao 12 de abril na Facultade de Humanidades. O programa está dirixido polos profesores ad honorem da Facultade de Humanidades da USC Felipe Arias e Max Jean Zins e coordinado pola decana do centro universitario lugués, María Isabel González Rey, mantén aberto o prazo de inscrición ata o 9 de abril de 2019.
O I Certame de Videocreación, unha iniciativa organizada desde a Área de Cultura do campus de Lugo da USC e coordinada por Sabela Eiriz, pretende pór en valor e canalizar as inquedanzas creativas e da mocidade e tamén as novas formas de manifestación e expresión nas que a literatura conflúe co audiovisual.
Alén da aposta por valorizar as novas linguaxes e formas de manifestación cultural, os promotores desta iniciativa de carácter pouco menos que experimental buscan tamén render unha homenaxe póstuma a Isidro Novo, a xeito de recoñecemento das dúas innovadoras accións a prol de achegar a literatura, en particular, e a cultura, en xeral, á sociedade xa cos Círculos Líticos, xa coas Polafías. Daquela, os certame establece o Premio Isidro Novo, dotado con 300 euros en metálico, para a videocreación con mellor linguaxe literaria, un galardón semellante ao que o xurado outorgará tamén ao traballo máis valorado pola súa linguaxe audiovisual.
O I Certame de Videocreación do campus de Lugo da USC, cuxas bases están accesibles vía web, constitúe unha novidade na programación do Lugo Cultural de 2019. Trátase dunha iniciativa aberta á participación de todas as persoas interesadas, que poden achegar os seus respectivos documentos ata as 14.00 horas do luns 8 de abril.
As dúas videocreacións presentadas ao certame que acaden unha mellor valoración por parte do xurado serán proxectadas na última xornada do Curso de Primavera da USC Andar, camiñar, marchar… , no marco dunha sesión aberta ao público que se desenvolverá o 12 de abril, a partir das 16:00 horas, na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo. Ao remate desta proxección dos traballos máis destacados procederase á entrega dos premios aos autores das dúas candidaturas galardoadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?