O mes pasado adiantaron que Skype estaba a preparar un importante incremento no número de participantes nas súas conversas en grupo, e a actualización finalmente xa está aquí, de xeito que as chamadas grupais de voz ou vídeo poden chegar agora ata os 50 integrantes, o dobre do que había ata o momento.
Con este cambio tempo que Skype mellora a súa posición como unha ferramenta para comunicar, tanto a un grupo de amigos como a un equipo de traballo, aínda que cómpre advertir que dende Microsoft entenderon que este tipo de comunicacións masivas non poderían ter a mesma consideración que as chamadas telefónicas, de xeito que cando se realiza unha convocatoria para participar nunha conversa con máis de 25 usuarios estes non escoitarán un ton de chamada nos seus equipos, senón unha simple notificación, evitando así que os inicios das charlas grupais sexan moi intrusivos e poidan converterse nunha seria molestia en contornos laborais, aínda que si será posible forzar que a certos usuarios en concretos (por ser importantes para a xuntanza en liña) en vez dunha notificación escoiten o tradicional ton de chamada de Skype.
Skype permite chamadas en grupo de ata 50 participantes
Compartir Este Artigo
