Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A artesanía galega incluirá etiquetas intelixentes con código QR
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A artesanía galega incluirá etiquetas intelixentes con código QR

Redacción
Publicado: 08/04/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

xunta_aga_artesania.jpgImpulsar a nosa artesanía a través das novas tecnoloxías, ao tempo que se fai marca no mundo e lucimos talento e creatividade. Este é o gran obxectivo da iniciativa presentada hoxe pola Xunta e a Asociación Galega de Artesáns (AGA): un convenio de colaboración entre AGA e a Dirección Xeral de Comercio e Consumo que se dirixe a fortalecer o distintivo Artesanía de Galicia mediante a incorporación de novas etiquetas intelixentes nos produtos artesáns.
Na presentación da iniciativa participaron a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e o presidente da AGA, Manuel González, que lembraron que o sector dá traballo hoxe a máis de 5.000 persoas, vencelladas tanto a obradoiros como a tendas físicas e tendas en liña.
Segundo fixeron saber, co acordo presentado hoxe, a asociación encargarase da edición, almacenamento e distribución do material de empaquetado e etiquetaxe no que se utilice o distintivo Artesanía de Galicia, incluíndo a xestión personalizada das devanditas etiquetas intelixentes coas que contarán os produtos artesáns galegos. Estas levarán incorporado un sistema de código QR con información dixital sobre a persoa artesá e o produto, o proceso de elaboración, e os materiais.
A alianza tamén reforza a presenza de Artesanía de Galicia na comercialización dos produtos artesáns, actualizando o manual de uso da marca, que inclúe o novo deseño das etiquetas intelixentes. Establécense ademais novos deseños de packaging e introdúcense elementos de identificación e sinaléctica para feiras e outros eventos artesanais, así como a regulación dos elementos de sinalización dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?