Unha das precaucións que os usuarios debiamos ter no manexo de unidades de almacenamento USB en equipos informáticos con Windows, a de realizar unha extracción segura mediante software antes de retirar a unidade do porto USB, pasará a ser cousa do pasado para moitos, xa que Microsoft mudou a configuración predeterminada da directiva de extracción de medios de almacenamento externos, dando prioridade á velocidade, cando antes primaba o rendemento.
Isto quere dicir que na meirande parte de equipos cunha versión de Windows 10 actualizada, agás que o usuario indique o contrario, o sistema desactivará a escritura en caché para os dispositivos externos, de xeito que a súa extracción insegura non suporía a perda de datos ou mesmo a corrupción da unidade, xa que o sistema traballa directamente sobre a mesma.
Curiosamente, se pinchamos unha unidade USB no noso equipo con Windows 10, pese a estar activada a súa extracción rápida, o sistema continuará a amosar a icona que facilita a súa extracción segura, no que semella simplemente un vestixio dunha funcionalidade que leva tantos anos connosco que converteuse en todo un hábito do que haberá que desprenderse paulatinamente, aínda que tamén é certo que cada vez o uso de unidades de almacenamento USB é menor xa que tendemos a empregar almacenamentos en local ou en liña.
Windows 10 versión 1809 di adeus á extracción segura das unidades USB
Compartir Este Artigo
