Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Orange fai balance dos seus 20 anos en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Orange fai balance dos seus 20 anos en Galicia

Redacción
Publicado: 10/04/2019
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

orange_20_anos_dsc03672.jpgHoxe a Sala Eisenman na Cidade da Cultura serviu de escenario para a presentación do Informe Impacto de 20 anos de liberalización das telecomunicacións en España 1998-2018. 20 aniversario de Orange. Impacto en Galicia, no que o operador de telecomunicacións confirmou a súa aposta por Galicia na extensión das novas redes 5G. O acto foi presentado por Luz Usamentiaga, directora de Relacións Institucionais, RSC e Fundación Orange España, e contou coa participación do director xeral de Persoas, Comunicación e Relacións Institucionais de Orange España, Ignacio de Orúe.
orange_20_anos_dsc03664.jpgO documento presentado por Miguel Barroso, socio director de Deloitte para Galicia e Castela-León, consultora que elaborou o informe, analiza a transformación da industria durante estas dúas décadas tras as que España conseguiu converterse en todo un referente europeo en espallamento de redes de fibra óptica e en cobertura móbil 4G.
Nos casos español e galego Orange xogou un papel moi relevante, cun investimento acumulado superior aos 126.000 millóns de euros entre os anos 1998 e 2016 en España (máis de 1.900 millóns de euros no caso galego), o que supón un 14% dos ingresos do sector TIC nese período.
Mirando cara a Galicia o informe destaca que a comunidade ten un Produto Interior Bruto de 60.568 millóns de euros, mentres que o PIB do sector TIC sería de 1.337 millóns, o que suporía un 2,2% do PIB galego en 2017. Tamén salientan que en Galicia o despregamento de redes de fibra óptica segue moi activo, e actualmente temos 1,2 millóns de accesos de fibra óptica instalados entre todos os operadores. As liñas de banda larga fixa en Galicia chegaría ata os 736.000, dos que 123.000 corresponderían xa á tecnoloxía FTTH, na que Orange realizou un investimento de 78 millóns de euros en Galicia para chegar ata un total de 470.000 unidades inmobiliarias.
orange_20_anos_dsc03647.jpgNo acto desta mañá dende Orange lembraron a súa contribución ao proxecto Escolas Conectadas de Red.es e a Xunta, a través do que preto de 150.000 alumnos galegos de 822 centros educativos gozan de conexións á Internet mediante conexións de banda larga ultrarrápida (con fibra de 500 Mbps simétricos na meirande parte dos centros). Tamén deron conta do compromiso da Fundación Orange na transformación dixital da sociedade, para o que lanzaron o programa Sé + Digital en Galicia para achegar formación en liña de balde en colaboración coa Escola de Organización Industrial, a AMTEGA e o IGAPE, e que no caso galego contou tamén cos obradoiros Al lado de nuestros mayores nos que buscaban familiarizar a usuarios de máis de 60 anos coa tecnoloxía móbil e as súas aplicacións.
orange_20_anos_dsc03697.jpgNa clausura da presentación, a directora da AMTEGA, Mar Pereira destacou que a Xunta leva case dez anos avanzando nunha estratexia dixital que busca, tamén, atraer investimento a Galicia e promover alianzas que faciliten ás empresas galegas a internacionalización e apertura a novos mercados. Sinalou, ademais, que desde a Administración autonómica apóstase pola competividade como elemento catalizador de máis e mellores servizos para os galegos, independentemente de onde vivan.
orange_20_anos_dsc03636.jpgOrange é un dos tres asinantes do Nodo de Cooperación 5G que se puxo en marcha o pasado mes de novembro para desenvolver a lo menos 6 probas de concepto de aplicación das tecnoloxías 5G. Dentro deste compromiso o operador desenvolverá casos de uso desta tecnoloxía en ámbitos como a Industria 4.0, a Educación o Turismo e a Sanidade. O Nodo é unha das medidas do Plan Galicia 5G para posicionar á Galicia como territorio preferente na extensión destas redes.
Mar Pereira sinalou que para avanzar neste ámbito precísase tamén de capital humano capacitado. Por iso a AMTEGA en colaboración cos operadores e a Universidade de Vigo porase en marcha o vindeiro mes de setembro o primeiro Curso de Especialista Universitario en 5G.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?