Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os produtos da nosa terra collen impulso en Eparacomerlugo.com
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os produtos da nosa terra collen impulso en Eparacomerlugo.com

Redacción
Publicado: 10/04/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

eparacomerlugo.jpgA campaña E para comer… Lugo, un referente na promoción da gastronomía da provincia, vén de coller novos e importantes impulsos da man da Deputación e o Presidente da Asociación Provincial de Hostaleiros. Para comezar, daráselle un impulso extra á exaltación dos produtos locais, con diversas actividades a desenvolver nos establecementos hostaleiros. Ademais, a páxina web da iniciativa, www.eparacomerlugo.com, colle novos folgos. A isto cómpre engadir a adhesión á campaña de 51 locais de dúas ducias de municipios.
A iniciativa foi dada a coñecer hoxe polo presidente provincial, Darío Campos Conde, e o presidente da Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo, Cheché Real, que estiveron acompañados dos representantes dos locais de restauración que se sumaron ás actividades. Estas consistirán, basicamente, na inclusión de produtos e materias primas da provincia con denominación de orixe protexida (DOP) ou indicación xeográfica protexida (IXP) nas cartas dos restaurantes. Deste xeito, entre abril e novembro e durante os últimos 10 días, os locais participantes porán á disposición dos clientes pratos elaborados con distintos produtos de Lugo.
Campos Conde explicou que “é unha iniciativa coa que Deputación, APEHL e Hostaleiros, xuntamos forzas para continuar promovendo o consumo das materias primas que hai na nosa provincia, que ademais de ser de ser de altísima calidade e contar con grande recoñecemento entre a cidadanía, son un motor xerador de economía e emprego”. O presidente tamén salientou a importancia deste tecido económico: “Estes sectores aglutinan máis de 13.000 traballadores e xeran un volume de negocio anual a través deste produtos superior aos 250 millóns de euros, o que dá mostra da importancia que teñen estes sectores para a economía do pais”.
A páxina web
Volvendo á páxina web da iniciativa, www.eparacomerlugo.com, é unha completa xanela informativa e comunicativa sobre a mesma, a súa metodoloxía e os seus obxectivos. Por seccións, ofrécense as informacións máis recentes sobre a campaña, imaxes, recursos turísticos, a relación dos locais adheridos e as ligazóns relacionadas. O sitio ofrécese en tres idiomas (inglés, castelán e galego) co fin de abranguer comunicativamente o meirande número de usuarios-visitantes. Tamén é de utilidade para visitar as publicacións da hostalería lucense (por exemplo a súa revista oficial, que vai polo número 18) e para canalizar as nosas buscas de información cara as redes sociais onde a campaña ten presenza: Twitter, Facebook, Flickr e YouTube.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?