Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Centro Ramón Piñeiro lanza as versións 3.1 e 2.7 de CORGA e XIADA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Centro Ramón Piñeiro lanza as versións 3.1 e 2.7 de CORGA e XIADA

Redacción
Publicado: 11/04/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

centro_pineiro_captura_recursos.jpgO Centro Ramón Piñeiro para a Investigación e Humanidades, dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística, vén de publicar as novas versións de dúas ferramentas moi relevantes e útiles para facer avanzar a presenza do galego nas novas tecnoloxías da información. Estamos a falar do proxecto CORGA (Corpus de Referencia do Galego Actual), que vén de publicar a súa versión 3.1, e máis do etiquetador/lematizador XIADA, da que se lanzou a versión 2.7. As contribucións foron posibles grazas ao traballo do Centro Ramón Piñeiro e a súa alianza coa Universidade de Santiago.
Respecto de CORGA, é froito directo do compromiso do Centro Ramón Piñeiro para desenvolver e deseñar recursos informáticos que axuden á incorporación da lingua galega ao mundo das novas ferramentas dixitais. O Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA) é un corpus documental aberto que abrangue cronoloxicamente dende 1975 ata a actualidade, cuxo obxectivo é fornecer datos para o estudo da lingua galega actual dende múltiples perspectivas: léxica, morfolóxica, sintáctica, fraseolóxica, terminolóxica, comunicativa etc. O corpus, enriquecido automaticamente coa lematización e etiquetaxe morfosintáctica dos seus textos, contén 40.178.271 palabras ortográficas (48.184.012 elementos gramaticais) pertencentes maioritariamente a distintos tipos de textos escritos representativos do galego actual, mais tamén inclúe 25 horas de transcricións ortográficas de programas de radio nas que se aliña o texto coa voz.
A versión 3.1 de CORGA vén coas seguintes novidades: a complección textual do lustro 2010-2014 e inicio do 2015-2019, unha funcionalidade de recuperación centrada no parámetro interlocutor (o cal permite discriminar entre os textos de carácter oral fronte ós escritos), o recoñecemento automático das formas con grafías innovadoras para a linguaxe non sexista, a implementación do hiperlema nas modalidades de consulta por elementos gramaticais para minimizar a variación gráfica nos lemas, e, por último, un incremento das posibilidades de ordenación dos resultados.
No que atinxe a XIADA, que estreou a versión 2.7, é un etiquetador estatístico de alta precisión que se emprega para etiquetar e lematizar de maneira automática os documentos do CORGA, e poder así avanzar na recuperación de información formulando consultas con información gramatical (etiquetas, lemas, hiperlemas, clases de palabras, trazos morfosintácticos etc.).
Esta nova versión presenta, entre outros, os seguintes cambios: a liberación do código do etiquetador xunto cos recursos que este emprega (corpus de adestramento e lexicón), a ampliación do etiquetario con 71 novas etiquetas para dar cabida ás grafías innovadoras que promoven unha linguaxe non sexista, a actualización da estrutura do lexicón para facilita-la análise das formas que presentan as grafías anteriores (de xeito que nen@, nen@s, nena/o, neno/a, nena/neno, neno/nena, etc, intégranse baixo o lema neno, igual ca nena, neno, nenos e nenas) ou, tamén, a neutralización da variación gráfica formal en lemas semellantes relacionándoos a través dun hiperlema (na nova versión o lexicón contén 59.360 hiperlemas).
O equipo de traballo estivo formado por Guillermo Rojo e María Sol López Martínez (dirección e coordinación), Eva María Domínez Noya, María Caíña Hurtado, Bárbara Bujía Tourón (lingüístas) e NLPgo Technologies e José Carlos Sánchez Rivas (equipo informático).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?