Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Política Lingüística e a UVigo enxalzan as moitas vantaxes de exercer de galegofalantes nas redes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Política Lingüística e a UVigo enxalzan as moitas vantaxes de exercer de galegofalantes nas redes

Redacción
Publicado: 11/04/2019
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

uvigo_politica_linguistica_letras_galegas.jpgXa se vai achegando a nosa gran celebración tecnolóxico-cultural do ano, o 17 de maio (Día das Letras Galegas e Día de Internet), e as nosas entidades van pechando fileiras arredor desta feliz e significativa confluencia da nosa cultura cos díxitos. Por exemplo a Secretaría Xeral de Política Lingüista e a Universidade de Vigo, que hoxe certificaron o seu compromiso a prol do uso da nosa lingua nas redes sociais. Fixérono esta mañá no marco da xornada organizada pola Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e máis a Área de Normalización Lingüística (ANL) da UVigo con motivo do Día das Redes Galegas, unha celebración que serve de moi acaído anticipo do que máis tarde celebraremos, tamén, o 17 de maio.
Por certo que o Día das Redes Galegas é, precisamente, unha actividade organizada ao abeiro da alianza entre a Universidade de Vigo e a Secretaría Xeral en materia de normalización lingüística.
No transcurso da celebración, Valentín García lembrou que o galego “ten unha presenza importante nas redes sociais porque a cidadanía galegofalante, e moi especialmente a mocidade, xa non cambia de idioma cando escribe ou en función do medio en que se desenvolva, o que demostra seguridade, aprecio pola propia lingua e a superación dalgúns dos prexuízos que limitaban o seu uso”. Ao mesmo tempo, o secretario xeral de Política Lingüística salientou “o importante papel dos xestores profesionais de contidos”, a quen animou a “continuar contribuíndo tamén co seu traballo á cantidade e á calidade do galego en Internet”.
Canda o secretario xeral de Política Lingüística participaron no acto inaugural da xornada, por parte da UVigo, Jorge Soto, vicerreitor do Campus de Pontevedra; Mónica Valderrama, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais; Xosé Baamonde, decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación; Fernando Ramallo, director da ANL, e Xabier Rolán, coorganizador da xornada amais de profesor da Facultade de Ciencias Sociais. Este último, comentou que “encher de galego as redes constitúe o obxectivo central do Día das Redes Galegas, unha xornada centrada en falar de medios sociais e de contidos dixitais en galego, feitos por galegos e galegas ou para galegos e galegas”.
dia_das_redes_galegas-4.jpg A xornada tamén incluíu a presenza activa de tres profesionais formadas no devandito centro do campus pontevedrés, Jennifer Álvarez, Laura Bastón e Adrián Aira, e a xornalista Alba Mancebo, que foron os protagonistas dos coloquios programados.
Jennifer Álvarez, creadora de contidos dixitais en Antena 3, mostrou ante o alumnado ás principais estratexias de promoción e difusión de contidos en redes nun relatorio que centrou no “éxito no medio dixital” das series Fariña e La Casa de Papel e o programa La Voz.
Pola súa banda, Alba Mancebo, traballadora do Departamento de Contidos Web da TVG, abordou a aposta deste departamento pola creación de contidos propios para redes, desenvolvendo unha serie de vídeos informativos e divulgativos que mesmo acabaron tendo presenza na propia televisión, explicou. “No 2018, preto de 400.000 persoas seguiron os contidos da CRTVG nas redes sociais de maneira habitual o que supuxo un incremento do 80% con respecto a 2017”, engadiu Mancebo.
Formada tamén na facultade pontevedresa, Laura Bastón, afondou nos detalles do seu labor na publicación dixital especializada Diariomotor, “nun posto que denominamos como back office”, que abrangue desde a edición de vídeos e a creación de pequenas pezas para promovelas en redes sociais”. Segundo fixo saber, “ao tratarse dun medio dixital, as redes sociais son unha parte a ter en conta para derivar tráfico e xerar ingresos coa publicidade, pero máis aló diso, tamén son unha pata importante á hora de facer marca e xerar comunidade”.
Pola súa banda, Adrián Aira, xestor de proxectos dixitais na axencia Elogia, abordou o papel que a rede social Linkedin xoga á hora de obter oportunidades de traballo. Segundo comentou, a dita rede é imprescindible “se queres dedicarte a este mundo, sexa na disciplina que sexa”. Amais, fixo fincapé en que, alén da figura do community manager, o mundo dixital require de “moitos outros perfís creativos, estratéxicos e analíticos”.
Unha xornada para xuntar forzas arredor da lingua
Coordinado polos profesores Xabier Rolán e Alberto Dafonte e organizado pola facultade e a ANL, coa colaboración da Vicerreitoría do Campus e da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a inauguración deste Día das Redes Galegas contou coa participación do vicerreitor do campus, Jorge Soto, a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. “Este tipo de eventos son fundamentais para entendernos”, salientou Soto na apertura dun foro que se estendeu ás propias redes a través da etiqueta #redesgalegas. Segundo explicou Valderrama, as redes sociais non son algo polo que teñamos que apostar porque “é o futuro, son o presente”, ao tempo que incidiu na “aposta forte” de CCSS e da Comunicación por abordar esta realidade desde o punto de vista formativo, xa desde o ano 2007.
Nese mesmo senso, Rolán lembrou que polas cinco edicións desta xornada pasaron preto de 15 profesionais formados no centro, “que o que fan é referendar a aposta decidida desta casa por unha formación específica en redes sociais, que este curso deu un paso máis” coa posta en marcha do mestrado en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais, que coordina Dafonte, responsable de moderar o coloquio que pechou a xornada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?