Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo, na final do Vodafone Campus Lab
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo, na final do Vodafone Campus Lab

Redacción
Publicado: 12/04/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_vodafone_campus_lab.jpgUnha plataforma virtual para o ensino de rapaces con necesidades especiais, desenvolvida por cinco estudantes da Universidade de Vigo (estudantes de cuarto curso de Grao en Enxeñaría de Telecomunicacións), vén de situarse na final do certame Vodafone Campus Lab, unha iniciativa de aprendizaxe impulsada pola operadora de telecomunicacións para impulsar o talento dos universitarios á hora de crear respostas aos principais retos da responsabilidade social corporativa, entre outros desafíos.
Os equipo da UVigo (formado por Manuel Caeiro, Martín Álvarez, José Antonio Álvarez, Iván Mariño, Daniel Soneira e David Iglesias) concorreu xunto a outros 22 equipos de 17 institucións académicas españolas á primeira edición do Vodafone Campus Lab. Transcorridos seis meses desde o seu inicio, a experiencia chega á súa final, que se celebrará o vindeiro 24 de maio en Madrid, e na que o grupo da UVigo medirase aos representantes das universidades de Granada, Alacante e Autónoma de Madrid. O premi: 20.000 euros para o desenvolvemento do produto ou servizo que presentan á convocatoria e tres meses de asesoramento prestado por profesionais.
En canto ao prototipo, MediAdapt, co que concorrerán na final da Vodafone Campus Lab, Daniel Soneira explica que “propoñemos unha plataforma de contidos didácticos gamificados en realidade virtual, distribuídos por temática ou materia, nos que o alumnado teña liberdade de elección para escoller o que queira facer no momento, onde aprenda mentres xoga, sempre coas e cos docentes, dende unha postura de análise clínica”. A proposta do equipo complétase cunha pulseira con sensores que fan seguimento das reaccións do alumnado antes as dinámicas, o que, consideran, “poder ser de grande utilidade no caso de rapazas e rapaces con dificultades comunicativas”. Tamén poñen o foco nun dos puntos máis innovadores da súa iniciativa: o uso de wearables (tecnoloxías carrexables que se empregan como unha parte de nós) para axustar os contidos á resposta que detectan na persoa a través de sinais fisiolóxicas como o ritmo cardíaco ou a suor.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?